VISITA ESPECIAL AO COLEXIO

 

O pasado venres 14 de outubro, os nenos e neas de 5º e 6º do CEIP de Arzúa, levaron a cabo unha interesante e novidosa actividade: o coñecemento e coidado dos animais de compañía, dirixida polos profesionais de “Globus natura” e “Creando vínculo”.
A actividade, centrada no mundo canino, comprendeu unha primeira fase informativa a través dunha charla, na que o alumnado con intervencións e preguntas, acadou un maior e mellor coñecemento da linguaxe corporal do can e a súa interacción coa contorna. Ademáis, recibiron explicacións sobre os coidados básicos, alimentación e prevención do abandono.
Unha vez recibida a charla, chegou o momento de pasar á práctica. Os nenos e nenas interactuaron cos cadelos desde a perspectiva da linguaxe canina para pasar a unha actividade lúdica,o Agility, donde uns e outros se converteron en parte activa do proceso.
Sen dúbida, foi unha actividade moi motivadora e participativa na que tanto o alumnado coma o profesorado amosou un interese e unha implicación especial. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.

 

Agora só nos quedan ganas de repetila!



 








 















 





 









 
 

Powered by Drupal - Design by artinet