ASÍ CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO

Aínda que o día non prometía celebramos o Magosto.

REFRÁNS:

·                    

As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.

·                    

Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.

·                    

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.

·                    

Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.

·                    

Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.

·                    

Polo san Martiño, castañas e viño.

·                    

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.

·                    

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.

·                    

Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

 

Os rapaces pasárono estupendamente e fartáronse de castañas!!!!!!!

 

 

CABAZAS CON PREMIO.

Xa hai varios días que estaba pendente publicar os gañadores/as dos premios do concurso de cabazas que fixemos durante o Halloween-Samaín. Velaquí están os/as gañadores/as.

PARABÉNS, GAÑADORES/AS!!!

As nosas felicitacións a todos/as nenos/as que participaron e as súas familias polo estupendo traballo realizado. Para o ano....máis e mellor!!!

CHEGOU O SAMAÍN

Rematou o verán e comezou o outonoépoca de vendimias, castañas e, como non, de pasar un pouquiño de medo  co Samaín. Como sabedes esta festa celébrase na noite do 31 de Outubrodata na que comezaba o aninovo celta, nesta noite as ánimas dos difuntos visitaban as casas das súas familias para quentarse ao carón do lume e tomar algo de alimento. 

 

Esperamos que o pasedes de medo!!!

CURSO 2014-2015

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014-2015

XORNAL ESCOLAR 2014

ESTE É O XORNAL DO NOSO COLE. NEL QUIXEMOS MOSTRAR MOITAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NESTE CURSO QUE AGORA REMATA. QUE DISFRUTEDES MOITO LENDO NEL!!! BOAS VACACIÓNS

FESTIVAL DAS NOSAS LETRAS

ESTAS SON AS FOTOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 

ESTES SON OS VIDEOS

 

 

MASCOTA BIBLIOTECA

O 23 de Abril tivo lugar no noso centro a entrega de 

premios do concurso “A Biblioteca busca mascota” no que resultou 

gañadora a alumna PAULA QUINTÁS de 5º A  que presentou o debuxo 

de “REL” que será a nosa nova mascota. 

 Tamén resultaron premiados: 

ALEX DE 4º B

ALDARA DE 4º A

 

Teatro de sombras.

O teatro de sombras é un recurso máxico para contar historias, inventalas ou adaptalas.

Poñelo en práctica leva consigo un exercicio de lectura, de selección, reelaborar textos, de dicción, de secuencias e orde, ademais dun detallado traballo coas mans.

 

 

DÍA DO LIBRO

Distribuir contido