TALLER DE MÚSICA

O pasado xoves 21 organizouse no noso centro un taller de música e danza orientado ao alumnado xordo da aula de integración. Da man de Sito Carracedo (artesán, gaiteiro, escritor e inventor), o músico Roi Adrio e Yolanda Fernández poideron coñecer, tocar e sentir instrumentos como o peitoque, a gaita, o cordófono e outros instrumentos de corda e percusión. Foi unha mañá chea de ritmo, de diferentes sons, novas experiencias e de boas vibracións

.