CELEBRÁMOLO DÍA DA PAZ
O venres día 28 de xaneiro celebrouse no CEIP As Mercedes o Día da Non Violencia Escolar e da Paz.
Para iso, durante toda a semana realizáronse diversos traballos nos que participaron todo a alumnado.
Na entrada do colexio había un cartel onde se recordaba cunha fotografía a “Mahatma” Ghandi e se explicaba a importancia desta persoa no camiño hacia outro mundo posible. O 30 de Xaneiro (data do asasinato de Gandhi) foi elexida polas Nacións Unidas como Día Mundial para conmemorar o Día da Paz.
O venres expuséronse no ximnasio os traballos realizados:
Un Arco da Paza onde cada cor estaba pintado coa palma da man de cada un dos nenos/as de cada curso.
Constructores da Paz. En cada corredor das clases púxose un mural onde cada neno/a debía representar cun debuxo, cunha palabra, cunha frase, cunha poesía,…. o significado que tiña para cada un deles a Paz.
Tivemos varias representacións musicais e rematamos o acto cun número de maxia no que cada curso entregaba ao mago unha palabra que impedía a paz, o mago queimounas todas e de súpeto… apareceu unha pomba.
Ademais destas fotos, pinchade neste enlace se queredes ver os videos do día da celebración.