Charla: CONVIVIR COA TELEVISIÓN

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos, en colaboración co Departamento de Orientación, está a organizar unha serie de actividades tipo charla-coloquio sobre temas de actualidade, relacionados coa educación  e dirixidas a toda a comunidade educativa. A primeira destas charlas trata sobre o tema Convivir coa Televisión e contaremos con J.Antonio Pinto Antón como poñente.