Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO 2017/18

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017/18

Reserva de praza no IES para os de 6º EP  Do 1 ao 15 de febreiro
Nova matrícula: Presentación da solicitude de admisión  Do 1 ao 20  de marzo
Publicación da listaxe provisional de admitidos  Antes do 25 de abril
Publicación da listaxe definitiva  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30  de xuño

Reserva de praza: Do 1 ao 15 de febreiro

  • Para o alumnado de 6º de Primaria do noso centro. Estamos adscritos ao IES Ribeira do Louro.
  • As familias poderán cumprimentar as solicitudes enviadas polo centro ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

No menú: Solicitudes - Solicitudes de reserva - Crear solicitude de reserva.

  • O xustificante desta solicitude deberá presentarse na secretaría do noso centro.
  • O almunado actualmente matriculado no centro ten asegurada a praza no centro adscrito para o próximo curso.
  • As familias que decidan enviar os seus fillos/as a outros IES, deberán entregar esta solicitude no centro que elexiron.

Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo

  • Para o alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2017/18. 
  • As familias poderán cumprimentar esta solicitude de xeito manual ( recollendo o impreso na secretaría do centro) ou entregar a copia xa cuberta telemáticamente debidamente asinada polos dous proxenitores.
  • Cando entreguen a solicitude de praza, faráselle entrega da documentación que deberán traer para a formalización da matrícula que se realizará entre o 20 e o 30 de xuño.


blog | by Dr. Radut