Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

Blogues

NOVIDADES 16 DE MARZO

Achegamos os seguintes avisos:

1. PROCESO DE ADMISIÓN:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

2. NOVAS INSTRUCCIÓNS:

Instruccións dirixidas aos centros educativos

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30557

3. ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO:

Nesta páxina iremos poñendo tarefas de cada curso para que, na medida do posible, o alumnado teña actividades que facer durante este periodo de tempo.

 

Dende o centro aconsellamos seguir as indicacións das autoridades sanitarias para que, canto antes, pasemos esta situación tan excepcional que nos toca vivir.

Un saúdo para toda a Comunidade Educativa

                                                                                                     O Equipo Directivo

 

 

 

MEDIDAS A ADOPTAR NO CENTRO SOBRE O CORONAVIRUS

Segundo as instruccións da Consellería, as medidas a adoptar dende os centros educativos están explicadas no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

No centro estamos a espera de novas instruccións por parte da Consellería, que serán comunicadas nesta páxina.

De momento, informar que a secretaría do centro permanecerá aberta para trámites administrativos (matrículas).

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CALENDARIO DE FEBREIRO

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA FONDO LIBROS E MATERIALES CURSO 2019-2020

 

Aquí tedes as listaxes de fondo libros e material, clicade nas imaxes para ver os arquivos.

- Os libros de texto de 3º e 4º serán entregados polos titores en setembro.

- A recollida de vales será o mércores 3 e xoves 4 de xullo de 10:00 a 13:00 horas.

Os vales que non sexan recollidos nestas datas, se entregarán en setembro.

 

 

    

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS E MATERIAIS PARA O CURSO 2019-2020

              

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019/20

NORMA: 

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020 (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019)

 

DESTINATARIOS DAS AXUDAS:

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado matriculado en 3º e 4º (curso 2019/20)

- Alumnado con  renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 6 libros de texto

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€:4 libros                        

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou con discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros con independencia da renda

  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º de Educación primaria (curso 2019/20)

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ : 170€

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 90€ 

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 170€ con independencia da renda.

  • AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de Educación Primaria

- Todo o alumnado de Educación Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€: 50€                      

 

IMPORTANTE: O alumnado matriculado nos cursos do proxecto de educación dixital (EDIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No noso centro corresponderá aos cursos 5º e 6º.

Poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21de xuño

     Para ler a orde facede clic aquí: ORDE 9 MAIO DE 2019

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-20

Todas as familias que entregaron solicitude de admisión para o vindeiro curso están admitidas.

Podedes ver a listaxe clicando AQUÍ

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS PARA IES RIBEIRA DO LOURO

Todos os alumnos de 6º están admitidos no instituto, aquí tedes a listaxe:

Distribuir contido


by Dr. Radut