Skip to Content

Articles

Sección de descargas de programas (Software libre)

Estás na sección de Descargas.

Aquí poderás descargar programas moi interesantes para a túa formación e aprendizaxe na casa.

Para que funcionen ben os enlaces, debes facer clic co botón dereito do rato neles e abrilos nunha nova ventá.

FIREFOX: Última versión do navegador máis seguro e popular de internet. Altamente recomendable para instalar e navegar por internet.

MECANET: Método de software libre para aprender a escribir no teclado do ordenador.

MSWLOGO: Programa para aprender a programar utilizando a linguaxe de programación LOGO para Windows. poderedes practicar na casa o que aprendemos na aula de informática.

TUXPAINT: Programa de debuxo para os máis pequenos. Aprende a debuxar de maneira divertida.

CELESTIA: Programa para explorar o Universo, percorrer o noso Sistema Solar ou viaxar a través das estrelas.

AUDACITY: Audacity es un editor de audio. Permite reproducir, grabar, editar, mezclar, aplicar efectos, etc. Descárgao, descomprímeo e execútao.

XEDREZ: Jose 1.4.4 é un xogo de xedrez bastante completo que necesita o entorno Java.

 



by Dr. Radut