Skip to Content

Educación Física

Tarefas voluntarias

Queridas nenas e nenos. Como sabedes xa queda pouco para rematar o curso.

Xa non tedes que enviarme máis tarefas. As que vos propoño nun documento adxunto son voluntarias , é dicir, facédeas se queredes.

Pero iso si, xogade moito, correde polo campo e paseade sempre que podades.

 

E lavade moitas veces as mans.

 

Bótovos moito de menos. espero poder vervos moi pronto.

Unha aperta grande, grande

Laberinto de canicas

Queridas nenas e nenos.

Esta semana vai ser a última que vos propoño actividades avaliables, aínda que despois ata final de curso vos propoñerei tarefas que podedes facer se queredes.

Para facer esta, envíovos un documento adxunto. Mandádema ao correo de sempre.

Espero que vos guste.

 

Unha aperta.

Encesta pelota

Queridas nenas e nenos. Esta semana do 25 ao 29 de maio, vouvos propoñer realizar unha botella encesta pelotas, de xeito que outra persoa vos tira unha pelota e vos tedes que lograr metela dentro da botella.

Con esta actividad, conseguiredes mellorar a coordinación visomotriz e as recepcións.

Se as vosas familias volo permiten, enviádeme unha foto ou un video de como vos quedou esta tarefa ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

 

Envíovos as instruccións nun documento adxunto.

Tarefa de educación física.

Ola chicas e chicos. Mándovos outra tarefa para a próxima semana do 18 ao 22 de maio.

 

Enviádema por can scaner se podedes e así xa vola corrixo on line. 

 

déixovos un adxunto. 

 

Unha aperta.

Xogamos á comba.

Queridas alumnas e alumnos: Nesta semana do 11 ao 15 de maio, imos xogar á comba saltando , claro. Gracias a iso,  melloraremos a coordinación.

Primeiro ides facer a vosa comba personalizada. Utilizaredes bolsas de basura. 

Para ver o video de como se fai, premede no seguinte enlace.

Se as vosas familias vos deixan, debedes mandarme unha fotiño de como vos quedou.

Unha vez construída a comba, tedes que dar mínimo 10 saltos seguidos. Así que practicade...

Se vos deixan mandádeme un video saltando.  Podedes facelo ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

Espero que vos guste esta actividade.

 

Xogamos na rúa

Queridos alumnos e alumnas. Estes últimos dias xa poidestes saír de paseo. Seguro que o pasastes moi ben.

Para esta semana  do 4  ao 10 de maio, propóñovos que me debuxedes e me coloreedes o xogo que máis vos gustara de tódolos que xogastes o primeiro dia que saístes. Contádeme tamén como se chama o xogo. E explicádeme como se xoga.

 

Mandádema ao correo chus.barral@edu.xunta.es

 

Unha aperta grande.

Iniciación ao ioga

Queridos nenos e nenas: Espero que sigades todas e todos moi ben. Agora aínda millor porque podedes saír á rúa.

Mándovos para traballar esta semana do 27 de abril ao 3 de maio, un video de ioga.

Para velo premede no seguinte enlace.

Facede os exercicios como se vos indica; polo menos 2 dias na semana e despois xogade.

Se ás vosas familias o consideran oportuno, enviádeme fotos ou video ao correo chus.barral@edu.xunta.gal como xa vides facendo algúns.

Así poderei valorar o voso traballo. 

Unha aperta e ata pronto.

Actividades Educación Física.

Actividades Educación Física.

Educación Física

queridas nenas e nenos. Mándovos un video para que fagades exercicio na casa, acompañados por alguén das vosas familias. Premede no seguinte enlace

Debedes repetir os exercicios do video 2 veces cada un dos dias desta semana,  que tedes educación física e logo se vos é posible xogar un pouco.

Se lles parece ben as vosas familias, podedes mandarme foto ou video facendo os exercicios a chus.barral@edu.xunta.gal para que poda ver o ben que o facedes.

Se non lles parece adecuado enviarmos, non pasa nada, non vos preocupedes.

 

Espero que disfrutedes moito movénvodos.

 

Biquiños.

xogos para traballar motricidade fina e grosa na area de Educación Física.

Que tal chicas e chicos?

 

Deixovos un video no enlace seguite.

Mirádeo fixándovos moito, xa que dentro duns dias vouvos propoñer actividades sobre o mesmo.

 

Unha aperta.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut