Skip to Content

Educación Física

Tarefas voluntarias

Queridas nenas e nenos. Como sabedes xa queda pouco para rematar o curso.

Xa non tedes que enviarme máis tarefas. As que vos propoño nun documento adxunto son voluntarias , é dicir, facédeas se queredes.

Pero iso si, xogade moito, correde polo campo e paseade sempre que podades.

 

E lavade moitas veces as mans.

 

Bótovos moito de menos. espero poder vervos moi pronto.

Unha aperta grande, grande

dominó de sinais de tráfico

queridas nenas e nenos.

Esta semana vai ser a última que vos propoño actividades avaliables, aínda que despois ata final de curso vos propoñerei tarefas que podedes facer se queredes.

Para facer esta, envíovos un documento adxunto. Mandádema ao correo de sempre.

Espero que vos guste.

 

Unha aperta.

Encesta pelota

Queridas nenas e nenos. Esta semana do 25 ao 29 de maio, vouvos propoñer realizar unha botella encesta pelotas, de xeito que outra persoa vos tira unha pelota e vos tedes que lograr metela dentro da botella.

Con esta actividad, conseguiredes mellorar a coordinación visomotriz e as recepcións.

Se as vosas familias volo permiten, enviádeme unha foto ou un video de como vos quedou esta tarefa ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

 

Envíovos as instruccións nun documento adxunto.

Tarefa Educación Física.

Ola chicas e chicos. Mándovos outra tarefa para a próxima semana do 18 ao 22 de maio.

 

Enviádema por can scaner se podedes e así xa vola corrixo on line. 

 

déixovos un adxunto. 

 

Unha aperta.

Saltamos á comba

Queridas alumnas e alumnos: Nesta semana do 11 ao 15 de maio, imos xogar á comba saltando , claro. Gracias a iso,  melloraremos a coordinación.

Primeiro ides facer a vosa comba personalizada. Utilizaredes bolsas de basura. 

Para ver o video de como se fai, premede no seguinte enlace.

Se as vosas familias vos deixan, debedes mandarme unha fotiño de como vos quedou.

Unha vez construída a comba, tedes que dar mínimo 10 saltos seguidos. Así que practicade...

Se vos deixan mandádeme un video saltando.  Podedes facelo ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

Espero que vos guste esta actividade.

 

Xogamos na rúa.

Queridos alumnos e alumnas. Estes últimos dias xa poidestes saír de paseo. Seguro que o pasastes moi ben.

Para esta semana  do 4  ao 10 de maio, propóñovos que me debuxedes o xogo que máis vos gustara de tódolos que xogastes o primeiro dia que saístes. Contádeme tamén como se chama o xogo. E explicádeme como se xoga.

 

Mandádema ao correo chus.barral@edu.xunta.es

 

Unha aperta grande.

Velocidade de reacción

Vouvos propoñer tamén para esta semana do 27 de abril ao 3 de maio unhas actividades de velocidade de reacción que podedes ver no seguinte video premendo neste enlace.

Se as vosas familias vos deixan, mandádeme fotos ou videos mentres facedes as actividades, para que eu poda valorar o esforzo que realizades.

O correo ao que debedes envialos é: chus.barral@edu.xunta.es

Espero que vos gusten e ata logo.

Traballo sobre baloncesto

Ola chicas e chicos. Espero que sigades ben. Vouvos propoñer para as próximas tres semans que me fagades un traballo sobre baloncesto.

 

Debedes enviarmo entre os dias 14 e 15 de maio, ao correo chus.barral@edu.xunta.es

As instruccións para facelo envíovolas nun documento adxunto.

 

Se tedes algunha dúbida tamén podedes preguntarme utilizando o correo anterior.

 

Animoo e a traballar un pouco.

Unha aperta.

Construoo e xogo ao frisbee. Educación Física

Ola chicas e chicos. Estou de novo aquí, para mandarvos realizar unha actividade relacionada co video que vistes a semana pasada.

Quero que fagades un frisbee.

Cun platode cartón,tal como se vos indica no video. Logo, podedes xogar con él; se tedes xardín no xardín e senón na casa.

Se ás vosas familias lles parece ben, gustaríame que me mandedes unha foto ou un video do frisbee realizado; tal como xa fixestes algúns con outras actividades propostas.

Podedes envialos ao seguinte correo: chus.barral@edu.xunta.es

Espero que vos guste construir o frisbee e xogar con el.

A próxima semana volverei a enviarvos máis actividades.

Unha aperta moi forte e ata pronto.

Distribuir contido


by Dr. Radut