Skip to Content

Orientación

PROPOSTA REFORZO (semana 15 - 18 de xuño)

Ola a todos e todas! Última semana deste curso, así que vamos a collela con ganas e entusiasmo para seguir reforzando moito si? Xa non nos queda nada de nada!

Esta semana repasaremos as inversas coa L, N e R, e para iso déixovos unhas fichiñas para que fagades.

 

Para repasar CÁLCULO, déixovos o seguinte enlace onde atoparedes moitas actividades interactivasl:

 

Vós podedes con todo, e durante estes meses demostrástedes ser os mellores. Seguide así, e non esquezades enviarme o que fagades ao correo.

 

Un bico enorme enorme con moita forza!

PROPOSTA REFORZO (semana 8 - 12 de xuño)

Ola a todos e todas! Segunda semana de XUÑO e vós tan traballadores e traballadoras coma sempre, sodes uns campeonazos, polo que seguiremos traballando con tantas ganas e entusiasmo coma sempre.

Esta semana tócanos repasar a Ñ a e Y, e tamén contidos de  Matemáticas: numeración, sumas e restas, estades listos? Seguro que si!

Por iso, para comezar propóñovos que vexades os seguintes vídeos do Monosílabo:

1. ÑA, ÑE, ÑI, ÑO, ÑU 

 

https://www.youtube.com/watch?v=eh_XmdQ_GaY

2. YA, YE, YI, YO, YU

https://www.youtube.com/watch?v=K-8kTkiYhYM&t=518s

 

 A continuación, déixovos os traballiños para esta semana, recordade enviarmos ao correo: leticiareypardo@gmail.com

 

 

MOITO ÁNIMO, CADA DÍA ESTAMOS MÁIS CERCA!

 

ACTIVIDADES DE REFORZO SEMANA 1 - 5 XUÑO

Ola a todos e todas! Primeira semana de XUÑO xa e vós tan traballadores e traballadoras coma sempre, sodes uns campeonazos!

Esta semana, tócanos repasar as sílabas CHA, CHE, CHI, CHO, CHU /  LLA, LLE, LLI, LLO, LLU / JA, JE, JI JO, JU / GE, GI

Por iso, para comezar propóñovos que vexades os seguintes vídeos do Monosílabo:

1. CHA, CHE, CHI, CHO, CHU

https://www.youtube.com/watch?v=2ES2hSXd5Y0

2. LLA, LLE, LLI, LLO, LLU 

 https://www.youtube.com/watch?v=ML1EsjCpops&t=8s

3. JA, JE, JI, JO, JU

https://www.youtube.com/watch?v=F7YBJn2nfXg

 

Ademais, estes dous vídeos para repasar que seguro vos gustarán moito:

 - (ABCDIANDO) REPASO DE TODAS LAS SÍLABAS CON G:

https://www.youtube.com/watch?v=xd5sTvxiFUs

- REPASO DAS SÍLABAS TRABALLADAS: 

https://www.youtube.com/watch?v=k8c1lujI7Wc

 

 A continuación, déixovos os traballiños para esta semana, recordade enviarmos ao correo: leticiareypardo@gmail.com

 

MOITO ÁNIMO, CADA DÍA ESTAMOS MÁIS CERCA!

ACTIVIDADES DE REFORZO SEMANA 25 - 29 MAIO

Ola a todos e todas! Última semana de maio e vós tan traballadores e traballadoras coma sempre, sodes uns campeonazos!

Esta semana, tócanos repasar as sílabas GA, GO, GU, GUE, GUI, GÜE, GÜI e ZA, ZO, ZU. 

Por iso, para comezar propóñovos que vexades os seguintes vídeos do Monosílabo:

ZA, ZO ZU : 

https://www.youtube.com/watch?v=oCFXx2I320M

GA, GO, GU:

https://www.youtube.com/watch?v=66QpUz18Ewk  

GE, GI, GUE, GUI:

https://www.youtube.com/watch?v=1xbVpPOUkCI&t=7s

 

E este de Letrilandia para GÜE, GÜI:

https://www.youtube.com/watch?v=goW5epgWE40

 

Por último, un repasiño de todas as sílabas con G,

súper divertido: https://www.youtube.com/watch?v=xd5sTvxiFUs

 

A continuación, déixovos os traballiños para esta semana, recordade enviarmos ao correo: leticiareypardo@gmail.com

 

MOITO ÁNIMO, CADA DÍA ESTAMOS MÁIS CERCA

ACTIVIDADES DE REFORZO SEMANA 18-22 MAIO

Cómo estamos? Celebrando o día das Letras Galegas o mellor posible, non? Agardamos que todo vaia ben.

E esperamos que esta nova semana tamén sigades con bó ánimo para poder realizar esta outra proposta de tarefas. Imos a elas, vale?

- En lectoescritura, centrarémonos nas sílabas con: Ce, Ci, RR, B / V, H. Van uns ficheiros para reforzalos. E tamén se aporta unha lectura que vos vai gustar.

Ademais, non faltan os enlaces aos vídeos correspondentes para iniciar o repaso desas sílabas, e que son éstes: 

MONOSÍLABO CON CE, CI:

https://www.youtube.com/watch?v=c9kSs9-a17Q

MONOSÍLABO  R , diferenciando cando é forte e cando é suave:

https://www.youtube.com/watch?v=gzC1NAYHBiY

Articular /R! discriminar auditivamente son forte e suave:

https://www.youtube.com/watch?v=t3cmqQV1Jt8

MONOSILABO B:

https://www.youtube.com/watch?v=o6axPDGbCdo

 Monosílabo V:

https://www.youtube.com/watch?v=I6COQ7mRfZk

 HA, HE, HI, HO, HU:

 https://www.youtube.com/watch?v=tqpoOJrJjs4

 

E, para numeración e cálculo adxuntamos o ficheiro correspondente a esta semana.

A ver qué tal todo! Moito ánimo!

 

 

PROPOSTA REFORZO (semana 4 ao 8 de maio)

Ola familias, ola nenos e nenas! Como estades? 

Como a semana pasada o fixéstedes tan ben, esta imos a seguir reforzando e repasando moito. Desta volta é o turno destas 4 consonantes: N, D, F, J. Primeiro, intentade facer as páxinas de Lengua e Pezas que propoño cada día e logo estas fichiñas, eu sei que podedes!

Podedes ver primeiro os vídeos do Monosílabo, que sei que vos gustan moito:

- MONOSÍLABO LETRA D:  https://youtu.be/-sHbCdJ1xw8

MONOSÍLABO LETRA N: https://youtu.be/ss75fhtts84

- MONOSLÍLABO LETRA F: https://www.youtube.com/watch?v=Lr9TiSZL59Y&t=100s

- MONOSÍLABO LETRA J: https://www.youtube.com/watch?v=F7YBJn2nfXg

- XOGO PARA PRACTICAR A LECTURA:

https://clic.xtec.cat/projects/leo_lee/jclic.js/index.html

 

Por outro lado, tamén practicaremos as MATEMÁTICAS, tedes unha ficha nos archivos adxuntos e os seguintes enlaces:

1. Numeración ata 10:

https://es.ixl.com/math/1-primaria/aprender-a-contar-hasta-10

2. Contar de 2 en 2:

https://es.ixl.com/math/1-primaria/contar-de-dos-en-dos

3. Contar de 5 en 5:

https://es.ixl.com/math/1-primaria/contar-de-cinco-en-cinco

4. Recta numérica:

https://es.ixl.com/math/1-primaria/rectas-num%C3%A9ricas

 

Moitísimo ánimo, seguide así porque o estades facendo xenial.

Recordade enviar as fichas en canto as teñades listas ao meu correo: leticiareypardo@gmail.com

Un bico enorme!

 

PROPOSTA REFORZO LECTOESCRITURA (semana 27 abril- 1 maio)

Ola familias, ola nenos e nenas! Como estades? A partir de agora irei deixando aquí propostas para aqueles nenos e nenas que lles custa un pouco máis e así reforzar a lectura, a escritura e as mates moito moito!

Para esta semana propóñovos o repaso destas 5 consonantes: P, M, L, S, T. Primeiro, intentade facer as páxinas de Lengua e Pezas que propoño cada día e logo estas fichiñas, eu sei que podedes!

Podedes ver primeiro os vídeos do Monosílabo, que sei que vos gustan moito:

 
 
 
 
 
A continuación déixovos a proposta explicada para esta semana, as dúas fichas e a lectura. Se podedes enviádeme as fichas ao correo en canto as teñades feitas: leticiareypardo@gmail.com e un audio coa lectura. Recordade, sen présas, cando a teñades feitas, estádelo facendo moi ben.
 
Moito ánimo, estou para apoiarvos todos os días, xa o sabedes, un bico enoooorme da vosa profe!
Distribuir contido


by Dr. Radut