Skip to Content

Educación Física

Tarefas voluntarias

Queridas nenas e nenos. Como sabedes xa queda pouco para rematar o curso.

Xa non tedes que enviarme máis tarefas. As que vos propoño nun documento adxunto son voluntarias , é dicir, facédeas se queredes.

Pero iso si, xogade moito, correde polo campo e paseade sempre que podades.

 

E lavade moitas veces as mans.

 

Bótovos moito de menos. espero poder vervos moi pronto.

Unha aperta grande, grande.

 

 

Laberinto de canicas

queridas nenas e nenos.

Esta semana vai ser a última que vos propoño actividades avaliables, aínda que despois ata final de curso vos propoñerei tarefas que podedes facer se queredes.

Para facer esta, envíovos un documento adxunto. Mandádema ao correo de sempre.

Espero que vos guste.

 

Unha aperta.

Laberinto de canicas

Queridas nenas e nenos.

Esta actividade é a última da que vos vou avaliar durante este curso, ainda que vos seguirei recomendando tarefas.

A ver se vos gusta a desta semana. 

Vai explicada nun documento adxunto.

 

Enviádema ao correo de sempre. Unha aperta.

 

 

Encesta pelota

Ola chicas e chicos. Esta semana do 25 ao 29 de maio, propóñovos constuir un encesta pelotas. Mándovos as instruccións nun documento adxunto.

 

Unha vez construido, practicade moito; xa que así ides mellorar a coordinación óculo-manual.

 

Espero que vos guste moito.

Se vos deixan, mandádeme unha fotiño ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

Tarefa de educacion física.

Queridos nenos e nenas. Mándovos outra tarefa de Educación Física, para a semana do 18 ao 22 de maio.

Enviádema se podedes por can scaner, para poder correxir on line.

Deixovos un documento adxunto. 

Educación Física/Psicomotricidade e coordinación visomotora

Queridas alumnas e alumnos:

Nesta semana do 11 ao 15 de maio imos traballar a psicomotricidade e a coordinación visomotora.

Para iso, construiremos  unha raqueta cunha percha e logo xogaremos con ela.

Para ver como se fai podedes premer no seguinte enlace.

Mandádeme unha foto de como vos quedou, ou un video xogando con ela ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

espero que vos divirtades moito con esta actividade.

Seguimos xogando

Queridos alumnos e alumnas. Estes últimos dias xa poidestes saír de paseo. Seguro que o pasastes moi ben.

Para esta semana  do 4  ao 10 de maio, propóñovos que me debuxedes o xogo que máis vos gustara de tódolos que xogastes o primeiro dia que saístes. Contádeme tamén como se chama o xogo.

 

Mandádema ao correo chus.barral@edu.xunta.es

 

Unha aperta grande.

iniciacion ao ioga. Educación Fisica

Queridos nenos e nenas: Espero que sigades todas e todos moi ben. Agora aínda millor porque podedes saír á rúa.

Mándovos para traballar esta semana do 27 de abril ao 3 de maio, un video de ioga.

Para velo premede no seguinte enlace.

Facede os exercicios como se vos indica; polo menos 2 dias na semana e despois xogade.

Se ás vosas familias o consideran oportuno enviádeme fotos ou video, como xa vides facendo algúns, para que eu poda ver o que facedes e así valorar o voso esforzo.

Unha aperta e ata pronto.

Educación Física

queridas nenas e nenos. Mándovos un video para que fagades exercicio na casa, acompañados por alguén das vosas familias. Premede no seguinte enlace

Debedes repetir os exercicios do video 2 veces cada un dos dias desta semana,  que tedes educación física e logo se vos é posible xogar un pouco.

Se lles parece ben as vosas familias, podedes mandarme foto ou video facendo os exercicios a chus.barral@edu.xunta.gal para que poda ver o ben que o facedes.

Se non lles parece adecuado enviarmos, non pasa nada, non vos preocupedes.

 

Espero que disfrutedes moito movénvodos.

 

Biquiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut