Skip to Content

Excursión 4º, 5º e 6ºEP

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria, asistimos ao MUPEGA e a unha obra de teatro no auditorio A BANCA, en Santiago de Compostela, o pasado 29 de outubro.

 No MUPEGA puidemos coñecer a historia do ensino en Galicia dende o século XIX e poñer en valor o patrimonio educativo dos galegos e as galegas.

No auditorio ABANCA, gozamos dun espectáculo novidoso que pretende explicarnos as consecuencias negativas que pode ter conectarse a páxinas de internet das que descoñecemos o que pretenden. Desta maneira as personaxes interpretaban a situación dun adolescente que se introduce no mundo virtual das apostas, deixa as mensaxes de WhatsApp abertas e máis problemas que lle complican a súa vida cotiá.

Inauguramos a biblioteca!

No noso cole coincidindo co día da biblioteca, o 24 de outubro, inauguramos o proxecto "Un conto, unha maleta". Aproveitemos para expoñer, por cursos, representacións de contos relacionados con cada país do proxecto de centro.

Empezamos escoitando "viaxando a Kenia", logo chegamos ata Estados Unidos a través do conto "Pequeno xigante" e camiñamos cara o norte prestando atención ao poema “Groenlandia”. A nosa viaxe continuou mediante “Hércules e o Xigante”, “O nacemento do dragón” e “Matrioska”. Dirixímonos de novo ao continente americano para saber cal foi “el primer baile del hombre”, a continuación unha momia asustounos a través do “conto da momia”. Tamén descubrimos “o noso principiño” e rematamos a viaxe con “Cirilo e a grulla”.

Podedes adiviñar a que países viaxamos a través do título dos nosos contos?

 

A toupiña que quería saber quen lle fixera alquilo na cabeza

As nenas e nenos de Educación Infantil asistimos a unha representación teatral o luns 14 de outubro. Acudimos ao Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. Que ben o pasamos vendo “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza”, a cargo da compañía Galicreques.

 

Reunión inicio de curso

Estimadas familias, convocamos as reunións de inicio de curso por niveis do seguinte xeito:

  • Luns, 7 de outubro: Educación Infantil, ás 17:00 horas.
  • Luns, 14 de outubro: 1º e 2º de Educación Primaria, ás 15:00 horas.
  • Luns, 14 de outubro: 3º e 4º de Educación Primaria, ás 16:00 horas.
  • Luns, 14 de outubro: 5º e 6º de Educación Primaria, ás 17:00 horas.

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

Chegou o outono!

Dende que o 23 de setembro comezou o outono, no Cole tamén nos poñemos a vivir o ambiente que nos deixa: caída de follas, paisaxe chea de  cores douradas, ocres e castañas de toda variedade .... Vaia colorido, sabor  e arume! 

E ademais, este outono vivímolo a través dos países do noso Proxecto.

 

BECAS PARA ALUMNADO NEAE

Dende o Ministerio de Educación e Formación Profesional, convocáronse axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o curso 2019-2020.

O prazo remata o 29 de setembro.

Para máis información pinchade aquí.

Comezamos en 3, 2, 1...xa!

Ola a todas e todos!

Comezamos o novo curso 2019-2020.

Vimos con moitas ganas de emprender unha nova andaina; por iso, este ano viaxaremos polo mundo a través do noso Proxecto de Centro “Un conto, unha maleta”.

Comezamos!


Festival fin de curso 2018-2019

O 21 de xuño tivemos o noso festival de fin de curso. Esperamos que vos guste.

Dende o CEIP de Curtis desexámosvos unhas boas vacacións e vémonos en setembro.

 

 

  

Revista: SEITURA curso 2018-2019

Xa tedes a vosa disposición o último número da nosa revista escolar: SEITURA

(para visualizar o revista, pinchade na imaxe ou descargade o arquivo adxunto)

Distribuir contido


by Dr. Radut