Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2020

O día 23 de abril é o Día Internacional do libro e , para conmemorar esta data, o claustro de mestras fixemos unha composición relacionando distintos libros infantís coa realidade que estamos a vivir co Coronavirus.

Queridos alumnos e alumnas:

Tódalas mestras desexamos vervos moi pronto, con saúde e ganas de compartir, de contar cousas, de xogar, de aprender, de disfrutar e, por riba de todo, que sexades felices.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

AXUDAS DO CONCELLO PARA FOTOCOPIAS

SOLUCIONADO ERRO TELÉFONO. ABRIR DOCUMENTO ADXUNTO PARA VER AXUDAS PARA FOTOCOPIAS DO CONCELLO DE CURTIS.

DESCARGAR abalarMóbil

INSTRUCIÓNS PARA DESCARGAR A APLICACIÓN abalarMóbil. 

1.- BUSCAR EN PLAY STORE "abalarMóbil" E INSTALAR.

2.- INTRODUCIR O NÚMERO DE TELÉFONO PARA REXISTRARNOS

3.- A ESE NÚMERO DE TELÉFONO ENVIARANNOS UN CÓDIGO DE 9 DÍXITOS.

4.- CON ESE CÓDIGO XA PODEMOS FINALIZAR A INSTALACIÓN.

AXUDAS PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR

Están convocadas axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

No documento adxunto podedes consultar a orde de convocatoria.

BENEFICIAIROS: Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro.

IMPORTE: O prezo máximo para satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.

TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas familias que non poidan facelo en sede electrónica terán que enviar un correo electrónico ao centro( ceip.curtis.estacion@edu.xunta.es ) antes do xoves, 2 de abril indicando:

1.- Nome, apelidos e DNI de pais e fillos.

2.- Número de conta .

3.- Indicar se teñen gratuidade ou pagan 1 euro.

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE A AVALIACIÓN

A Consellería de  Educación, Universidade e Formación Profesional citou as seguintes instrucións, con relación á segunda avaliación:

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

Tendo en conta isto, informamos ás familias que este proceso se realizará en base á avaliación continua levada a cabo ata o día en que se suspenderon as clases. As notas estarán introducidas o día 3 de abril e poderán consultarse no ABALAR MÓBIL, (DESCARGANDO A APLICACIÓN ), a partir das dez da mañá.

SUSPENSIÓN DE CLASES

Recordamos que coa ampliación de Estado de Alarma ata o 11 de ABRIL, as suspensión do período das clases sería ata o mesma data; pero, tendo en conta que estaríamos en Semana Santa, as clases reanudaríanse o martes, 14 de ABRIL.

UNHA MENSAXE DE ÁNIMO DA DIRECTORA

AO SON DE LAURA

NO DÍA DE HOXE DECRETÁRONSE OUTROS 15 DÍAS DE ALARMA, SEGUINDO COA SUSPENSIÓN DAS CLASES. NESTE MOMENTO DIFÍCIL, LAURA VARELA, A MESTRA DE MÚSICA, TEN UNHA FERMOSA MENSAXE PARA O ALUMNADO DO CEIP CURTIS.

GRACIÑAS LAURA.

AMPLIACIÓN PERÍODO ADMISIÓN ALUMNADO

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

NOTA INFORMATIVA SUSPENSIÓN CLASES

Estimadas familias:

Tendo en conta as medidas  adoptadas pola Consellería de Educación en relación co coronavirus COVID- 19, no CEIP Curtis adóptanse as seguintes actuacións:

O centro permanecerá aberto os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26, 27 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 únicamente para trámites administrativos. As clases reanudaranse o 30 de marzo, salvo que as autoridades sanitarias e educativas aconsellen continuar coa suspensión das clases.

Quedan canceladas as excursións que estaban previstas.

As titoras poderán colgar no enlace “NAS AULAS” da páxina web do centro actividades para realizar na casa durante estes días.  Tales actividades non serán avaliables. O enderezo é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurtisestacion/

A direción do CEIP Curtis.

Distribuir contido


by Dr. Radut