Skip to Content

REMATAMOS O CURSO!

Como estades campeóns e campeonas? Esta é a última semana do voso primeiro curso en Primaria, que rápido pasa o tempo a que si?

Sen dúbida estes foron uns meses raros e moi difíciles pero non sabedes o orgullosa que me sinto de todos e todas vós, que traballástedes día a día esforzándovos para gañar esta batalla, que sen dúbida estamos vencendo entre todos.

Para esta semana déixovos unha proposta de luns a xoves con unhas pequenas lecturas dos nosos libros. Pero tamén, para divertirvos, unha serie de propostas dixitais para facer nos momentos que máis vos apeteza.

- Fichas virtuais para repasar lingua:

https://es.liveworksheets.com/user/Maestra-ana

- Recursos virtuais de Anaya para repasar o que vos apeteza de todo este curso:

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/PRIMERO/Programa/menu.htm

- Xogos dixitais divididos por materias, son xeniais:

https://vedoque.com/sec.php?s=1

- Escapes room para divertirvos en casa, seguro que vos gustan:

1. TODA UNA VIDA

https://madescaperoom.com/escape-room-familiar-online-gratis/

2. EL ANTIVIRUS

 https://www.escapegojuegos.com/antivirus-fase-0

 

Ademais, a proposta de Plástica para rematar o curso seguro que vos gusta, que tal se facemos uns pelícanos gregos para poñer no dedo? Así clausuramos tamén o noso proxecto de GRECIA, no que tanto e tan ben traballástedes todos, mirade que chulos:

 

 

O venres pola mañá faremos unha videochamada especial, que vos parece? E mentres tanto, déixovos esta canción que me recorda moito a vós e ás vosas familias:

"DE TODO O QUE ME DADES ESTAREI SEMPRE AGRADECIDA"

https://www.youtube.com/watch?v=hE6CsyWv8Zs

 

Un bico enoooorme da vosa profe, estou segura de que nos veremos moi pronto.

 

AdxuntoTamaño
PROPOSTAS SEMANA (15 - 18 DE XUÑO).pdf452.85 KB


page | by Dr. Radut