Skip to Content

ÚLTIMOS DÍAS

Ola nenos e nenas!

Como ben sabedes este curso, tan atípico, chega ao seu fin, tan só dúas semanas para dalo por rematado. 

Sei que esta recta final, estes tres últimos meses, non foron fáciles para ninguén. Tivemos que poñernos as pilas e aprender a traballar dunha maneira ben distinta á que estabamos afeitos pero co noso traballo, que a pesares da distancia física entre uns e outros, conseguimos, creo, un resultado máis que satisfactorio.

Síntome super orgullosa de cada un de vós e, a pesares de que non poidemos ter outro contacto que non fose a través de medios tecnolóxicos, asegúrovos que máis que nunca sentín o sentimento de grupo que nos caracteriza, esa unidade e complicidade que sabemos que hai entre todos nós. FORMAMOS UN GRAN EQUIPO.

Para estas dúas semanas vouvos a recomendar algún enlace por si queredes visitar e fedellar por aí para pasar un bo rato pero quero que sepades que aínda que non teñades que mandarme máis tarefas, eu seguirei estando a vosa disposición para todo o que precisedes.

Bicos e apertas a moreas.

                                                Laura.

https://www.aulaplaneta.com/2017/05/18/en-familia/doce-plataformas-de-juegos-online-para-aprender-y-divertirse/

https://www.mundoprimaria.com/

http://www.cristic.com/juegos-educativos/

https://www.educapeques.com/juegos-educativos



page | by Dr. Radut