Skip to Content

Visita á feira de Curtis

Co motivo do Día dos Mercados o alumnado de 1°, 2°, 3° e 4° de Primaria visitaron a feira de Curtis. 

Noelia, traballadora do concello de Curtis, fíxonos un percorrido polos postos do mercado visitando a zona de embutidos e froitas, a pulpeira, as naves dos animais e o espazo adicado ás plantas. 

Non podiamos finalizar a visita sen degustar os churros e ademais trouxemos algún agasallo de volta. 

Cada un conta a feira como lle foi nela pero nós fixemos boa feira!!!

No arquivo adxunto podedes ver un video a modo de resumo do ben que o pasamos. 

Saída a Lugo

O xoves 1 de xuño, as nenas e nenos de Educación Infatil fixemos unha saída a Lugo. Visitamos o Museo Interactivo da Historia de Lugo e o Parque da Milagrosa. No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos!

 

II Correlingua do CEIP de Curtis

PRAZOS PARA FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL.

ATA O 21 DE XUÑO: ENTREGAR OU ENVIAR SOLICITUDES.

 

27 XUÑO: PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS: FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL.

 

DO 28 AO 3 DE XULLO: RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL.

 

5 DE XULLO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA.

 

ENTREGA DE VALES:   6 E 7 DE XULLO.

 

ENTREGA DO FONDO DE LIBROS: 11 DE SETEMBRO.

 

(O centro resérvase o dereito a cambiar as datas por posibles problemas derivados do uso da aplicación informática, do cal as familias serán oportunamente informadas).

Axudas para material (todos os niveis de primaria), adquisición de libros (1º e 2ºEP) e para participar no fondo solidario de libros

 

Informamos que xa está aberto o prazo para solicitar axudas para material (todos os niveis de primaria), adquisición de libros (1º e 2ºEP) e para participar no fondo solidario de libros (3º, 4º, 5º e 6ºEP).

Pódese presentar a solicitude de xeito telemático, na aplicación fondolibros da Xunta ou de xeito presencial. Pódense obter os impresos descargando e imprimindo o arquivo adxunto. En caso de ter dificultade para isto, enviarán unha nota na axenda, solicitándoos e serán enviados a través do alumnado. Deberán ser entregados no centro antes do 21 de xuño, en horario, de 9:15 a 10:30 no mes de maio e no mes de xuño de 10:15 a 11:30. De non poder entregalos neste horario debe poñerse en contacto co centro no seguinte teléfono: 881880647.

Segundo a Orde do 10 de maio de 2023 as condicións son as seguintes:

Asignación de libros e contía das axudas

A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

 

As contías das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000 €:160 €.

c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Contía de axuda para adquirir material escolar

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

 

Renda per cápita da unidade familiar

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2021 entre o número de membros computables, tendo en conta que, computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria

 

Membros computables da unidade familiar

Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados cando teñan modificada xudicialmente a súa capacidade xurídica mediante a constitución de curatela representativa ou cando estean suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

Documentación a presentar

Solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Obrigas das persoas beneficiarias

Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2022/23.

A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2023/24 e devolvelos ao rematar este.

 

Semana das Letras Galegas

Día do Libro

   Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, cada grupo de alumnos fixo un traballo sobre un invento, que tras a súa exposición no centro, formará parte do Libro dos Inventos.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Visita a Santiago de Compostela

   O día 13 de Abril de 2023, o alumnado de Educación Infantil, visitou a cidade de Santiago de Compostela, para asistir no Auditorio Afundación Abanca ao espectáculo "FEO" (Caramuxo Teatro), inspirado en "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen.

   Podedes atopar máis información sobre esta saída no blog de infantil.

Contacontos

   O alumnado de Educación Infantil puido disfrutar, este luns, dunha divertida sesión cun contacontos, gracias á editorial ANAYA. 

Distribuir contido


by Dr. Radut