Skip to Content

Segundo ciclo Primaria

3º e 4º PRIMARIA: EXPOSICIÓN "AS PLANTAS"

 

Ademais da horta que promoveron @s nen@s de Infantil, en 3º e 4º de Primaria aproveitamos para facer unha exposición sobre as plantas na que podemos aprender dende a función das plantas e coñecer un montón de especies distintas, ata entender con gráficos como se produce a fotosíntese. Pasadeo en grande asistindo a esta exposición!!!

 

 

4º: DÍA DOS MUSEOS

 

Para conmemorar o Día dos Museos @s alumn@s de 4º paticipan nun proxecto colaborativo co Museo Arqueolóxico no que deseñarán as salas expositivas do futuro museo. Terán que traballar por equipos, dividir o traballo para escoller as pezas que se exporán na sala, documentalas, elaborar os carteis explicativos, deseñar a colocación e o percorrido da visita.

Todo un traballo de museólogos!!!

3º: O RELEVO EN 3D

En 3º traballan as formas do relevo dándolle forma coas súas mans e o resultado son estas maquetas tan chulas!!!

E tamén nos felicitan o Nadal!!!

 

4º: DEIXADE CORRER A VOSA IMAXINACIÓN!

 

 

 DEIXADE CORRER A VOSA IMAXINACIÓN!...Dixo a señorita Riqui" (no libro de lectura "La señorita Riqui es una friqui".

@s nen@s de 4º creamos xoguetes únicos, personalizados e moi creativos. Utilizamos caixas de cartón, latas, botes usados... todo serve para crear!!

TEMOS QUE REUTILIZAR E APOSTAR POR UN CONSUMO MÁIS RESPONSABLE


 

 

3º: CROSS ESCOLAR

 

O deporte tamén é centro de interese para redactar, e senon comprobadeo coas redaccións de 3º arredor da competición de campo a través.

 

 

 

3º: ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

 

@s alumn@s de 3º asistiron ao Auditorio para ver "Gaia",un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa.
 Aquí vos quedan as impresións dos nen@s de 3º sobre as actividades nas que participaron.

3º e 4º: CASTRO DE SANTOMÉ

@s alumn@s de 3º e 4º de Primaria visitaron a exposición do Castro de Santomé que o Museo Arqueolóxico organizou na sala de Abanca, na Praza Maior. Tamén participaron no obradoiro de Arqueoloxía. Sairon feit@s uns arqueólogos!!

 

 

3º e 4º: EXCURSIÓN AOS MUSEOS DA CORUÑA

 

A finais de febreiro @s alumn@s de 3º e 4º de Primaria viaxaron a Coruña para visitar a Domus, O Muncyt e o Aquarium.

 

 

 

4º: CORREDOR VERDE DE INSECTOS

 

O curso de 4º participa no proxecto "Corredor Verde de Insectos", da man da Asociación Sustinea, de Ourense, que reune a varios colexios participantes en Voz Natura na provincia de Ourense, para construir unha autopista verde de flores que axude aos insectos a transportar o pole pola cidade. Este proxecto preocúpase por un tema fundamental, como é a pérdida de biodiversidade.

 

 

VOLCÁNS EN 4º

 

Se queredes observar a erupción dun volcán nada mellor que realizar a experiencia na clase. Podedes construir o voso propio volcán seguindo as indicacións dun alumno de 4º no seguinte pdf.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut