Skip to Content

Complementarias

AUDICIÓN MÚSICOS DO CONSERVATORIO

O pasado 26 de abril visitáronnos varios músicos do Conservatorio para dar a coñecer os seus intrumentos aos alumn@s de Curros, e tamén para animalos a que asistan ao Conservatorio, se queren converterse eles mesm@s en músicos.
Os instrumentos dos que puidemos desfrutar foron: trompa, percusión, acordeón, viola da gamba e frauta de pico. Escoitade...!
 
   
       

2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PRIMARIA

 


 

FELIZ NADAL 2017

BO NADAL E FELIZ 2018

á Comunidade Educativa do CEIP Curros Enríquez.

Esta é a felicitación elaborada coas postais gañadoras do concurso celebrado no colexio.

 

 

O APALPADOR VISITOU O NOSO COLEXIO

Directamente dende o Courel chegou ao colexio o Apalpador, grazas á colaboración da ANPA. Entre contos e cancións transmitiunos o seu amor pola natureza e a necesidade de colaborar tod@s na súa protección.

 

 

4º, 5º e 6º: VOANDO AO PASADO

Durante o mes de novembro os alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria visitaron na Sala de exposicións Afundación de Ourense a mostra do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense «Voando ao pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia». Documentos excepcionais, imaxes a vista de paxaro que nos permiten recuperar unha parte da memoria arqueolóxica galega. Se queredes saber máis do que alí fixemos lede as redaccións que están no pdf.

 
   

OS TRABALLOS DO MAGOSTO

 

O Magosto e o outono sempre son un centro de interés para realizar moitos traballos, que podedes ver nas galerías fotográficas correspondentes a cada etapa. Son uns artistas!!

   

MAGOSTO 2017

 

Na véspera do S. Martiño, o venres 10 de novembro, celebramos o Magosto no colexio. Non faltaron nin os xogos nin as castañas asadas para celebrar a festa ourensá por excelencia,  na que participaron tod@s os alumn@s. 

 
 

SAMAÍN NO CURROS

 

Chegou o outono e con el a vendima, as castañas, a chuvia , a caída da folla, pero tamén chega o SAMAÍN, e vagan polo colexio un montón de espíiiirituuuussss que nos fan vivir estes días dun xeito especial: CON MOIIIITOOOO MEEEDOO!!!
 

   

H2Oh! OS SEGREDOS DA AUGA DA TÚA CIDADE



A xestión sostible e eficiente da auga no ámbito urbano nunca foi tan importante como é hoxe e o será no futuro. Por iso a exposición "H2Ooh!, os segredos da auga da túa cidade", organizada pola Obra Social "La Caixa" pretende facer reflexionar sobre os retos tecnolóxicos, económicos  e medioambientais que se agochan detrás dun xesto tan simple como abrir unha billa na casa e que corra a auga potable. Ademais pretende concienciar sobre cal é o uso que debemos de facer dun ben tan escaso e prezado.

Ademais para aprender a xestionar a auga podemos xogar online no seguinte xogo "Auga e cidade".

Entrade no álbum fotográfico para ver o ben que o pasaron @s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º na visita que realizaron e esta exposición tan interesante!

 

 

 

4º E 5º: SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE


Un ano máis a cidade de Ourense súmase a SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, que se celebra do 16 ao 22 de Setembro, cun programa de actividades participativas e de sensibilización, organizadas polo Concello de Ourense, a través das Concellerías de Educación, Medio Ambiente, Transporte, Tráfico. en colaboración coa DGT (Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense), e STOP Accidentes.

Este ano a campaña organízase baixo o lema , "Compartir, lévate máis lonxe", e que ten como obxectivo sensibilizar tanto aos responsables politicos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medioambiente, e os beneficios do uso dos medios de transporte mais sustentables como o transporte público, como a bicicleta e as viaxes a pé.

 
    @s alumn@s de 4º e 5º participaron en horario de 10 a 13.30 horas, na rúa Xaquín Lourenzo Xocas e no Parque de San Lázaro, en talleres e charlas de mobilidade, clases prácticas na que persoal especializado explicou ao alumnado como manter a punto a bicicleta, engraxado, axustes básicos e arranxo de picadas para mellorar a seguridade.
E como non, un paseo en bicicleta polo circuito que habilitaron nesta zona, no que puideron demostrar a súa pericia no manexo das dúas rodas e o repecto aos sinais de circulación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut