Skip to Content

DÍA DOS MUSEOS 2017


Con motivo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o xoves 18 de maio, o Museo Arqueolóxico de Ourense abriu as súas portas aos escolares. Os alumn@s de 2º, 4º e 6º de primaria realizaron unha visita polas instalacións do que foi pazo episcopal ata mediados de século, e foron descubrindo como o edificio foi evolucionando dende a súa orixe romana ata a actualidade. Os cativ@s puideron coñecer tamén nun obradoiro un pouco máis da historia da colonización romana e a convivencia cos castrexos : "Castrexos e romanos, amigos ou inimigos?".
Así puideron elaborar  en barro as súas propias táboas de hospitalidade como as que asinaron os romanos cos castrexos de Castromao, que podedes ver nas reportaxes fotográficas que realizamos.

 

 

 

 

VISITA AO ARQUIVO HISTÓRICO

A finais de abril e primeiros de maio os alumn@s do colexio visitaron o Arquivo Histórico Povincial.

Por medio dos xogos que propoñen os dous personaxes que guían a actividade (Xoana, a lavandeira, e frei Xan “Farrapeiro”, o arquiveiro do Convento), os alumn@s viaxaron a través do tempo partindo de vellos documentos que invitan a coñecer distintos aspectos da cultura e dos modos de vida das sociedades do pasado.

 A visita comezou  nas instalacións do AHPOu (Hernán Cortés nº 2), onde se realizan os primeiros xogos relacionados co legado documental que se conserva neste centro, e prosigue cun percorrido por distintos lugares históricos da cidade de Ourense e remata no claustro de San Francisco con outros retos e probas.

 

 

 
   

VI CONCURSO POESÍA "CÍRCULO POÉTICO OURENSÁN"

 

Os alumn@s de 6º participaron no "VI Concurso de Poesía do Círculo Poético Ourensán", baixo o lema "Sentimentos na escola". Seis destes alumn@s (Alexia Casas, Alba Vilas, Paula Cueto, Carmen Fernández, Candela Nóvoa e Mateo Cruz)  quedaron finalistas, polo que as súas poesías serán publicadas na Antoloxía que publicará o Círculo Poético no próximo curso.

A poesía de Candela Nóvoa, "Susurros de amor",  resultou merecedora do 3º premio na categoría de Primaria.

 

COLEXIOS "CURROS ENRÍQUEZ" EN CELANOVA

O pasado 3 de maio @s alumn@s de 5º e 6º asistiron á Convivencia cos colexios Curros Enríquez de Galicia que se celebra en Celanova, organizada pola Fundación Curros Enríquez.
Participaron nunha morea de actividades: visita a Castromao, Campanario do mosteiro de S. Salvador, Capela mozárabe de S. Miguel, Casa Museo de Curros, Claustros e Biblioteca do mosteiro (IES de Celanova), Igrexa do mosteiro, concerto de órgano e visita a Vilanova dos Infantes.
Comprobade o ben que o pasamos e a riqueza patrimonial de Celanova no enlace coas fotografías!!

 

XOGANDO CO ATLETISMO 2017

O pasado 27 de abril viaxamos a Ribadavia para participar no "Xogando co atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.

Asistiron 56 alumnos de Primaria, de 2º a 6º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto de altura, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.

A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!

 

 

ECOSISTEMAS EN 5º

 

Os alumnos de 5º crearon todo tipo de ecosistemas (fondos

mariños, bosques, selvas, pozas...) e despois explicáronlle ao resto

de compañeiros a rede trófica existente (coas relacións entre os

animais, a función que tiña cada ser vivo...).

 

Uns biólogos-artistas!!

 

6º: DOBRAXE NA ESCOLA

 

É unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...). tamén traballa aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divertiren na nosa lingua.

DE QUE FALAMOS? Da técnica da dobraxe de películas, e concretamente nas películas de animación.
@s alumn@s de 6º asistiron a unha sesión de dobraxe na que o pasaron en grande, e senon lede as súas valoracións neste enlace.

 

SEMANA DA SAÚDE

   

  Na semana do 3 ao 7 de abril celebramos a Semana da Saúde, cunha serie de Obradoiros enmarcados dentro do programa “Saúde Integral” organizado polo Concello.
Dende o programa  preténdese educar no só en coñecementos, sino en valores e actitudes respecto á saúde, como fundamentos básicos para a adquisición de condutas saudables que perduren toda a vida.

Facede clic nas fotografías para ver os obradoiros.

 

 
  

5º E 6º INFANTIL: "ACÁBATE LA SOPA"

@s alumn@s de Infantil de 4 e 5 anos asistiron no Auditorio ao espectáculo "Acábate la sopa", promovido pola Obra Social "La Caixa".

A función presenta a Muriel, unha nena á que lle costa terminarse a sopa. Mentres vai comiendo, e a través da súa imaxinación, @s nen@s escoitan pezas de épocas e estilos moi distintos, que van dende unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ao minimalismo de Philip Glass, pasando por compositores do sécuo pasado como Shostakóvich e Eisler ou o pop dos Beatles.

O obxectivo é acercar a música aos nenos da forma máis didáctica posible, para que aprendan a «escoitar ben» e a facelo dunha forma activa para disfrutar da «arte, da música e da cultura en xeral».

OS TRABALLOS DO ENTROIDO

 

O Entroido é unha das conmemoracións fixas no curso que centra a creatividade dos nos@s alumn@s. Mirade que traballos elaboraron!!  
   
Distribuir contido


by Dr. Radut