Complementarias

EL SUPERBARBERO DE SEVILLA

Os alumnos de 5º curso acudimos ó auditorio de Ourense para asistir a unha representación de ÓPERA adaptada para nenos. Foi unha obra estupenda.



Aquí tes un curioso vídeo de debuxos animados para que recordes a FÍGARO

SAMAÍN

Entre tódolos nenos e nenas do colexio escribimos un conto de medo. Preme na imaxe para ver as fotos

Saída a Ourense dos nenos de 3 anos, 4 anos A e 4 anos B

            Emprendemos a nosa viaxe cargados de ilusión!

 

      Aproveitamos para coñecer as Burgas.

Soubemos que daquela fonte non se podía beber!

 

Os aires de Ourense enseguida nos abriron o apetito ...

 

 

 

Paseamos a cidade nun pequeno tren que nos resultou moi divertido!

 

 

TREN DA LINGUA-EDUCACION INFANTIL 5 ANOS

O martes 5 de maio os nenos e nenas da clase dos elefantes e dos tigres ( educación infatil de 5 anos),  fomos ó TREN DA LINGUA.

Saímos da estación de tren de Ourense ás 10:00 h.

No TREN DA LINGUA, dous animadores, Piter e Lolo fixéronnos pasar momentos moi divertidos.

Na estación de Monforte de Lemos aistimos a unha actuación de títeres.

No tren, de volta a Ourense repartíronnos unha merenda e agasallos.

Asi rematou a nosa viaxe.Ata  a próxima!

Charla sobre arquitectura tradicional galega

Os alumno de 3º Ciclo acudimos a unha charla sobre  os HÓRREOS en Galicia

 

  

  

Durante a charla aprendemos que hai diferentes tipos de hórreos: de madeira, de pedra, mixtos, circulares, cadrados, rectangulares; dependendo da zona xeográfica. Tamén que se utilizaban e utilizan para o secado de alimentos: millo, cebolas, castañas, incluso carne.

MARCO POLO

Os alumnos de 3º Ciclo acudimos ó Auditorio de Ourense para ver a obra "MARCO POLO"  da compañía Telonicillo.

Nos seguintes enlaces poderás ampliar a información:

Premios da Constitución

En conmemoración do XXX aniversario da Constitución Española  a Subdelegación do Goberno en Ourense convocou os premios que leva promovendo durante vintecinco anos.

O acto, presidido pola Ministra Elena Espinosa, celebrouse no Auditorio de Ourense e estivo amenizado pola Big Band da Diputación.

Os traballos de dous nenos deste colexio foron escollidos de entre máis de 1500 dos presentados ó certame. Son os traballos de ELSA, de 5º curso e de Matías, de 6º curso.

SONIDOS DE LA TIERRA

Os nenos e nenas de Terceiro Ciclo acudiron ó Teatro Principal para asistir ó concerto didáctico"SONIDOS DE LA TIERRA" patrocinado pola obra social de Caja Madrid

CONTACONTOS

03/16/2016 11:00
03/16/2016 12:00
Europe/Madrid

Sesión de contacontos para todos os alumnos do colexio organizado pola ANPA.

CHARLA CRUZ VERMELLA

03/08/2016 12:30
03/08/2016 13:30
Europe/Madrid

Os alumnos de 5º e 6º terán unha charla sobre a igualdade impartida pola Cruz Vermella.

SAÍDA AO AUDITORIO

02/29/2016 11:00
02/29/2016 13:50
Europe/Madrid

Os alumnos/as de 1º e 2º de EP irán ao auditorio a Ourense a ver un musical chamado "Rodarirrodari"

SAÍDA AO AUDITORIO

02/16/2016 11:00
02/16/2016 13:50
Europe/Madrid

Os alumnos/as de 4 e 5 anos de EI irán ao auditorio a Ourense a ver unha obra de teatro titulada "Aurora".

SAÍDA AO AUDITORIO

02/11/2016 11:00
02/11/2016 13:50
Europe/Madrid

Os alumnos/as de 3º e 4º de EP acudirán ao auditorio a Ourense a ver unha obra musical chamada "Cousas de 4" a cargo do grupo de percusión Odaiko.

ENTROIDO

02/05/2016 11:45
02/05/2016 14:30
Europe/Madrid

Celebrarase o Entroido cunha chocolatada e un desfile de paises do mundo no pavillón.

CELEBRACIÓN DA PAZ

02/03/2016 12:30
02/03/2016 13:00
Europe/Madrid

Para conmemorar o Día Internacional da Paz, interpretarase no ximnasio a canción de Bob Dylan "Blowin' in the wind".

Distribuir contido