Skip to Content

4º Primaria

Saída a Biblioteca Neira Vilas

Saída á biblioteca Neira Vilas

Hoxe fomos de excursión a unha biblioteca da nosa cidade para coñecer o funcionamento e os servizos que prestan á sociedade. Aprendimos as normas para o préstamo e os tipos de libros que podemos atopar alí.

O mellor foi que nos fixeron un carné, polo tanto, cando quieramos podemos ir á biblioteca e levar para a nosa casa o libro, revista ou CD que necesitemos.

 

Aulas do pasado

 

Os nenos e nenas de cuarto fixemos unha saída ao museo Verbum-Casa das Palabras (avenida de Samil, 17) para ver unha exposición chamada “Aulas do pasado”.  Foi moi interesante coñecer  todos os elementos da época: pupitres, lousas, pizarríns, plumillas, mapas, tinteiros, ábacos, libros...

Gustounos moito usar os pizarríns e as plumillas, e descubrimos o papel calcante, un papel “máxico” que fai fotocopias.

 O mellor foi sentir por un momento que eramos alumnos e alumnas dunha escola pública de hai cincuenta anos e ata xogamos a xogos populares da época como o “Pasemisí”.

Foi unha saída moi didáctica xa que ademáis de aprender como estudaban os nosos avós e avoas aprendemos a valorar todas as vantaxes das que desfrutamos nas nosas escolas hoxe en día.

 

 

   

 

   

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut