Skip to Content

FEBREIRO ENTROIDEIRO

FEBREIRO ENTROIDEIRO 

Aínda está rematando o Nadal e xa aparecen as máscaras e as chocas polas corredoiras. Empeza o Entroido, esta festa que enraizou en Galicia a pesares da súa prohibición pola ditadura. Unha celebración que conservou toda a súa esencia e riqueza cultural, nas zonas rurais e que está vencellada á participación de tod@s (imprescindible ir disfrazados) e a unha gastronomía típica. Unha tradición que segue a recuperarse e que forma parte da nosa identidade como pobo. Un sentimento que nos une e ao mesmo tempo nos fai sentir parte dunha comunidade moi especial, a nosa.

Se queredes saber máis sobre a celebración do entroido, abride o enlace do entroido.

 

 

Na nosa cidade, unha urbe que vive en tempos dominados pola globalización, temos colectivos que afondan no estudo e recuperación do noso patrimonio, conectando así a nosa xeración con aquelas que nos preceden, pondo en valor a nosa identidade. Deste xeito, grazas a esta labor, temos unha figura singular no noso Entroido: “O Merdeir@”.

Se queres saber máis deste personaxe, preme no enlace dos Merdeir@s.

 

 

MAGOSTO 2023

O SAMAÍN NA ESCOLA

LIBROS DE TEXTO 23- 24

LIBROS DE TEXTO 23- 24

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut