DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Día da Paz e Non Violencia

 
"Non hai camiño para a Paz: a Paz é o camiño".
 
- Mahatma Ghandi -
 
Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.
Estamos a preparar as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.

Imos cantar e bailar unha canción de Mamá Cabra, pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "o zumbador". Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade neste vídeo como facelo e como funciona.

 


 

 

 

 

 

A ALIMENTACIÓN NA HISTORIA

             Bo Proveito!: A alimentación na historia

 
O alumnado de 5º e 6º ao longo do 1º trimestre estivo a investigar dentro do PDI a evolución da alimentación. Estiveron observando o  reflexo da alimentación na pintura das diferentes épocas, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporanea. Dende a arte das cavernas ata a pintura máis actual. 
 
Logo de visitar o Museo de Belas Artes na Coruña, onde lles amosaron como observar  un bodegón o un cadro costumista para observar a alimentación tanto  das clases altas como das clases populares, pescudaron, na biblioteca e na rede principalmente,  os cambios alimenticios da humanidade vendo a sua pegada na arte pictórica.
 
 

        

PROXECTO INTERCENTROS "O SISTEMA SOLAR"

 

Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria unha interesante proposta sobre o Sistema Solar


 

NADAL 2018

Tras varios días de ensaios, este xoves e venres pasados puidemos gozar coas actuacións do festival de Nadal deste ano. Tanto traballo e ilusión foron recompensados cunha morea de aplausos por parte de alumnado e familias. 

Aquí podedes ver un resumo das actuacións.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

O Equipo de Dinamización do "Xardín do Pasatempo" xa ten preparada a nova exposición dos andeis de novidades.

Entroutros libros atoparedes os que Güino vos recomenda para ler no Nadal, para pedirlle como agasallo aos Reis, ao Apalpador ou ao Papá Noel.

 

 

CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

Relacionado co proxecto deste curso, o primeiro libro do Club de Lectura do Profesorado deste curso foi "El banquete de los placeres"

Cando xa estamos a piques de rematar o trimestre a maioría dos participantes realizaron a última actividade arredor deste libro onde traballaron o perfil das personaxes  ao tempo que degustaron unha marabillosa cea preparada e servida polo alumnado da Escola de Hostalaría do IES "Fraga do Eume".

 

 

 

O APALPADOR

 

O APALPADOR

Nas noites do 24 ou do 31 do decembro este home de barba rubia, de oficio carboeiro, que vive nas montañas, baixa as aldeas e cólase nas casas para apalpar as barriguiñas dos máis pequechos e ver si comen ben. Deixalles unha presa de castañas para que non pasen fame e un xoguete artesanal. O apalpador cólase na nosa escola para lembrarnos o valor dos agasallos que non se mercan con cartos e para desexarnos un bo ano cheo de felicidade e de fartura.

           

iLLA FANTASÍA

 

PROXECTO  ILLA FANTASÍA

 

Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto están participando, un curso máis, en Illa Fantasía. Trátase dun proxecto educativo creado para incentivar a lectura. 

Ao longo deste curso 2018-19 recibiremos cartas nas que os habitantes de Illa Fantasía poñerannos retos para converternos en Indios Lakota.

Despois de facer un atrapasoños e unha chave violeta contra a violencia de xénero, agora temos un novo reto... Construir un tipi e aprender unha canción india.

Infórmate da visita da Gran Xefa India Tatanka Ská...


 

 

   

ALMANAQUES DE PETO

 

ALMANAQUES DE PETO

 

Éxito total na edición dos Almanaques de Peto 2019 que xa podedes ver no Taboleiro da Lingua no corredor principal do colexio, e que permanecerá ata o mes de xaneiro 

 

Esta actividade, que consiste no deseño dun Almanaque de Peto do 2019 para repartir a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do colexio, foi valorada polo EDLG para a elección dos representantes que gañarán esta edición.

Máis información no blogue do EDLG.    

 

Distribuir contido