DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O alumnado do CEIP Couceiro Freijomil foi protagonista dos actos que organizamos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero. 

Inspirándonos na canción de Rozalén "La Puerta Violeta" colocamos na entrada unha gran porta desa cor. Tamén, con pequenas chaves, fixemos unha chave máis grande que abra a porta á igualdade e peche a porta á violencia. Ademais nenos e nenas de 6ºB plasmaron en imaxes a letra da canción de Rozalén que logo foi recollida nun vídeo que visionou o alumnado