Skip to Content

MOI IMPORTANTE: COMPENSACIÓN COMEDOR

 

Estimadas familias,

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  publica hoxe  día 30 de marzo no Diario Oficial de Galicia unha  Orde para destinar  axudas ás familias do alumnado de comedor que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador de 1 euro e que nestes  momentos que estamos a vivir polo estado de alerta derivado do COVID-19 non poden facer uso do mesmo.

 

Prazo de solicitude: de Luns 30 de marzo ata o Luns 6 de abril de 2020.

 

Non se atenderán solicitudes no centro educativo, debido ao actual estado de aislamento.

 

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o formulario é o ED601B

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365.

 

De non poder facelo electrónicamente deberán achegar á conta de correo do centro ceip.corgo@edu.xunta.es (no asunto do correo escribide bolsas comedor) os datos seguintes:

 

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

 

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería (gratuidade total ou bonificado 1 euro)

 

c) Nome, apelidos e curso de todos os  fillos/fillas usuarios do comedor.

 

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda e nome e apelidos do titular da conta.

 

Tamén podedes facelo chamando por teléfono ao 982 829 215 ou ao 622 423 392

 

As familias solicitantes recibirán a seguinte compensación:

 

  -Alumnado gratuíto: compensación de 2,50€ por día lectivo.

 

  -Alumnado  tarifa de 1€: compensción de 1,50€ por día lectivo.

 

Ánimo a todos/as!!!

 

 

 

#nosquedamosnacasa

 

 

 



story | by Dr. Radut