slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Listaxe definitiva admitidos curso 23-24

 

Todo o alumnado que presentou solicitude neste centro resultou admitido. 

Podedes consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios do centro e na aplicación admisionalumnado (necesaria a Chave365).

Lembrar que o prazo de formalización da matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño. 

Listaxe provisional admitidos Curso 23/24

Todo o alumnado que presentou solicitude neste centro resultou admitido. 

Podedes consultar a listaxe no taboleiro de anuncios do centro e na aplicaión admisionalumnado (necesaria a Chave365). 

Escornabots na biblioteca!!!

O alumnado de 6º de EI e de 1º e 6º de EP pasaron o día de hoxe na biblioteca montando os seus propios escornabots. Esta iniciativa, que forma parte do programa Biblioteca Creativa, permitiu ao noso alumnado traballar cos robots a través da titoría entre iguais e a aprendizaxe cooperativa. 

Deixamos unha mostra do ben que o fixeron e o moito que aprenderon...

 

 

Moitas grazas a Almudena e a Elena!!! 

 

Simulacro de incendios!!!

Hoxe levamos a cabo un simulacro de incendios no cole, acompañados polo Servizo de Emerxencias do Grove. 

Foi unha experiencia moi interesante e tanto o alumnado como o profesorado pasámolo moi ben coñecendo os diferentes materiais que empregan e xogando coa escuma de apagar o lume. 

Parabéns a todos os nenos e nenas que o fixeron moi ben e moitas grazas a Emerxencias por dedicarnos un chisquiño do seu tempo!!!!

 

Visita ao CRE da ONCE

Esta semana o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

foron a Pontevedra ao Centro de Recursos da ONCE.

Darlles as grazas por facer posible esta experiencia tan

gratificadora e enriquecedora para os nosos alumnos/as.

 

Día Internacional da Muller no Conmeniño!!!

 

Nestes días recibimos no cole a visita de grandes

profesionais, varias mamás do noso alumnado que

viñeron explicarnos en que consiste o seu traballo.

Con elas mergullámonos no mundo das bateas,

camiñamos entre fogóns e mercados, entramos nun

salón de peiteado e convertémonos en xornalistas

por un día. 

 

 

 

Tamén recibimos a visita da grovense Tania Álvarez,

medallista mundial de Piragüismo en Maratón. Coa

súa charla motivounos cara un estilo de vida

saudable e trasladounos a importancia da

perseveranza e o esforzo para conseguir os nosos

soños. 

 

 

   Moitas grazas Noelia, Emma, Tamara, Silvia,

Laura, Elvira e

 Tania pola vosa participación!!!!!!!!

 

 

 

Admisión alumnado para o curso 23-24

Vacantes ofertadas

4º Educación Infantil: 12 prazas ( 3 NEAE )

5º Educación Infantil: 0 prazas

6º Educación Infantil: 15 prazas

1º Educación Primaria: 14 prazas ( 3 NEAE )

2º Educación Primaria: 14 prazas

3º Educación Primaria: 15 prazas

4º Educación Primaria: 10 prazas

5º Educación Primaria: 19 prazas

6º Educación Primaria: 4 prazas

 

Normativa de referencia

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Enlace aplicación

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Andaina pola Paz

Para conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz o alumnado e o profesorado do centro fixemos unha andaina arredor do cole, acompañados polas familias. 

 Moitas grazas a todos/as os participantes e tamén á Policía Local e a Emerxencias por acompañarnos. 

Foi unha bonita experiencia que esperamos vos gustara tanto como a nós!!!

Marcha pola Non Violencia e a Paz

Ola familias!!!

Este luns 30 de xaneiro o alumnado e profesorado do Conmeniño imos celebrar unha marcha pola non violencia e pola paz. 

Estades invitados/as a acompañarnos na nosa andaina, o único requisito é que traiades unha camiseta de cor branca. Sairemos do centro a partir das 11.30h. 

O percorrido será o seguinte: baixada por Campos ata a igrexa, Avenida de Portugal e subida de Meloxo. 

Esperámosvos!!!!!

 


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer