slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

BIBLIOTECA ESCOLAR

RECORDADE!!!

 

A NOSA BIBLIOTECA DE CENTRO ESTÁ ABERTA TODOS OS LUNS, MÉRCORES, XOVES E VENRES DE 16:00 a 18:00 HORAS.

ACABAMOS DE RECIBIR UNHA NOVA ADQUISICIÓN DE LIBROS E XOGOS PARA A NOSA BIBLIOTECA INCLUSIVA, QUE SEN DÚBIDA SERÁN DO VOSO AGRADO E ENCANTARANVOS!!

APROVEITADE PARA ACERCARVOS Á MESMA, E LEVAR ALGUNHA DESTAS ADQUISICIÓNS OU FACER USO DOS ORDENADORES/IPADS PARA A BUSCA DE INFORMACIÓN QUE PRECISEDES!!

 

AGARDAMOS A VOSA VISITA!!

ENTREGA NOTAS 2º TRIMESTRE

¡AVISO FAMILIAS!

 

AÍNDA QUE A AVALIACIÓN DESTE SEGUNDO TRIMESTRE TIVO LUGAR XA, O PASADO DÍA 26 DE MARZO, A ENTREGA DE NOTAS AO ALUMNADO SERÁ EFECTUADA O VINDEIRO VENRES 12 DE ABRIL, ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.

Todas as probas e traballos que se fagan a partir dagora, serán avaliados xa no 3º Trimestre.

 

UN SAÚDO!

 

 

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS

AVISO AS FAMILIAS:

Achegamos cartel informativo dos CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS que organiza a Deputación de Pontevedra no verán nas instalacións de Príncipe Felipe.Están dirixidos a mozas e mozos nacidos entre os anos 2005-2012, ambos os dous incluídos.

A Deputación recollerá solicitudes ata o 15 de abril pero as persoas que queiran tramitalo a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX) teñen de prazo ata o luns 12 de abril.

Lembramos de paso que o día 28 deste mes a Deputación pecha o prazo para recoller solicitudes para o DEPO AVENTURA A LANZADA, campamentos que organiza a Deputación de Pontevedra na Lanzada. A OMIX, neste caso, recollerá solicitudes ata o 27 de marzo.

 

      

VISITA AS DEPENDENCIAS DA XUNTA E PARLAMENTO DE GALICIA

BOAS A TOD@S!!

Hoxe día 26 de marzo, os noso alumnado de 5º e 6º EP visitará as dependencias da Xunta de Galicia e Parlamento.

Alí, coñecerán as súas dependencias e poderán debatir como auténticos parlamentarios, poñéndose no lugar dos diferentes partidos.

Unha visita que sen dúbida, recordarán!

 

 

CHARLAS EN SANXENXO PARA AS FAMILIAS

ATENCIÓN FAMILIAS!!

NO ENLACE DE ABAIXO MÓSTRANSE UNHA SERIE DE CONFERENCIAS QUE TERÁN LUGAR A PARTIR DESTE VINDEIRO VENRES 15 DE MARZO, PARA AS FAMILIAS QUE ESTÉN INTERESADAS, E QUE SERÁN NO PAZO EMILIA PARDO BAZÁN EN SANXENXO.

  • Venres 15 de marzo ás 20:00 horas

JAVIER UDRA: "Del niño consentido al adolescente agresivo"

  • Venres 5 de abril ás 20:00 horas

Catherine L`Ecuyer: "Educar en el asombro"

  • Sábado 1 de xuño de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

I Encontro familias do Salnés: Gapefa e Lingoreta

"A infancia: crianza e educación"

 

Agardamos que sexan do voso interese e poidades asistir.

 

PROGRAMA FOGGA LEITE + FOGGA

AVISO!!!

Hoxe luns 11 de marzo comezamos co reparto do 2º período de leite + co reparto de FROITA, do programa FOGGA (leite e froita).

PRIMEIROS AUXILIOS

MAÑÁ LUNS DÍA 11 DE MARZO, OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, TERÁN UNHA CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS PROPOSTA COMO TODOS OS CURSOS, POLO PAC DO CONCELLO DE O GROVE. 

AS CHARLAS SERÁN IMPARTIDAS NO SEGUINTE HORARIO: 

 

  • OS NENOS/AS DE 5º EP: 9:35-10:25 horas

 

  • OS NENOS/AS DE 6º EP: 10:25-11:15 horas

 

VACANTES 2019-2020

AVISO!!!!

Estimadas familias:

A partir de mañá día 1 ata o vindeiro 20 de marzo, está aberto o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019-2020.

Os papeis e a información que precisedes, así como, certas dúbidas ao respecto, darásevos e informarásevos no centro educativo.

 

As vacantes para este curso son as seguintes. Para velas clicade no seguinte icono 

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA  

Mañá 19 de febreiro, levaremos a cabo no centro os obradoiros do PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN " PONLLE PILAS AO TEU BOCATA".

Estes obradoiros estarán dirixidos para os nenos de 1º a 5º de Educación Primaria. Están diseñados para transmitir aos escolares de Educación Primaria a importancia do consumo das conservas dos productos do mar na dieta e así fomentar o seu consumo.

Os distintos grupos farán 2 obradoiros: 

1º Charla informativa + xogos

2º Taller de bocatas (farán o seu bocata de conservas que logo degustarán no recreo).

De 9:00-10:00 horas: 1º- 2º e 4º curso de EP.

De 10:15-11:15: 3º e 5º curso de EP.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer