slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Día das bibliotecas

O pasado martes 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares e no noso centro aproveitamos para presentar oficialmente o proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta". Fixemos a nosa propia inauguración dos xogos olímpicos pasando a antorcha polas distintas aulas ata chegar á entrada. Alí cantamos todos xuntos o himno , creado polo alumnado coa axuda da mestra de música, Belén e aproveitamos para presentar a nova mascota da nosa biblio, elaborada por Vicky, alumna de 6º curso de primaria. 
 
 
 
 

O telexornal de Conmeniño

Presentamos a primeira edición do Telexornal do Conmeniño para iniciar o proxecto deste curso: 

CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META!

Formalización da matrícula 23/24

FORMALIZACIÓN

DA MATRÍCULA

23/24

                         PRAZO: entre o 20 e 30 de xuño

 Documentación a entregar

* Impreso de formalización da matrícula (Anexo III-1).

* Cuestionario sobre a lingua materna.

* Fotocopia do libro de familia onde aparezan todos os membros da unidade familiar.

* Certificado de empadroamento onde aparezan todos os membros da unidade familiar.

* Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras ou titores/as legais.

* Informe médico asinado polo/a pediatra.

* Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

* Fotocopia da folla sanitaria das vacinas.

* Dúas fotos tamaño carné co nome por detrás.

* De ser o caso, convenio ou sentenza onde se acredite a custodia do alumno/a. 

O impreso III-1 e o cuestionario sobre a lingua materna podedes descargalos nos arquivos adxuntos ou recollelos na Secretaría do centro no seguinte horario

De 10.00 a 13.00h. 

 

*Neste horario tamén poderedes entregar a documentación solicitada. 

A cociñar!

Onte fixemos un obradoiro de galletas e sesión de cine en infantil, pasámolo xenial!!!!

VISITA CASA-MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

Este martes 5 de marzo o alumnado de primaria realizou unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro (Padrón) dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" posto en marcha pola Deputación de Pontevedra.

Nas seguintes fotos podedes ver o moito que aprendemos sobre esta autora, figura central da cultura galega. 

 

 

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR

Este luns 4 de marzo tivemos no noso colexio a unha axente da Garda Civil que veu dar dúas charlas ao alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria, sobre acoso escolar e sobre ciberseguridade, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar. 

A charla - que foi interactiva e na que os alumnos/as puideron intervir ao longo da mesma para formular as súas dúbidas e inquedanzas- apoiouse nunha serie de diapositivas e vídeos que aclararon que tipo de condutas se consideran  acoso, como podemos actuar cando somos testemuñas das mesmas e cales son as consecuencias negativas que teñen para as vítimas non intervir. 

Moitas grazas á organización do Plan Director e a Vanesa en particular pola súa presenza no noso centro.

Compartimos algunha imaxe da sesión:  

Mulleres na Ciencia - Naturnova

O xoves 29 de febreiro o alumnado de 5º e 6º curso de primaria foron a Naturnova (Vigo), con motivo da celebración do Día Internacional da Muller na Ciencia. Nas instalacións puideron aprender a través de módulos interactivos sobre as mulleres pioneiras no campo científico.

Nas seguintes fotos podedes comprobar o interesante que lles resultou esta experiencia.  

 

 

 

8M Este ano é a quenda das avoas ...

 
 
Receitas, contos, lendas, refráns ou xogos contados polas nosas avoas para conmemorar o 8M!
Non dubidedes en vir, seguro que temos moito que aprender de vós, avoas  

Listaxe de libros 23-24

                     LISTAXE DE LIBROS 23-24

* 5º e 6º EDIXGAL (non teñen que comprar libros, o que aparece na lista son cuadernillos de traballo).

* Na etapa de infantil queda pendente a elección do cuadernillo de traballo. 

* Informarase do material preciso para cada unha das etapas a comezo de curso.

* Podedes descargar a listaxe no arquivo adxunto ou consultala no taboleiro de anuncios do centro. 

CURSO MATERIA LIBRO EDITORIAL ISBN IDIOMA
1º EP Matemáticas Comunidad Zoom Vicens Vives 9788468280998 Cast
1º EP

 Lengua

Castellana

 Comunidad Zoom  Vicens Vives  9788468283919  Cast
 1º EP

 Lingua Galega

 Comunidad Zoom  Vicens Vives  9788468283180  Gal
 1º EP

 Ciencias Sociais

 Comunidad Zoom  Vicens Vives  9788468285429  Gal
 1º EP

 Ciencias da

natureza

 Comunidad Zoom  Vicens Vives  9788468264349 Gal 
 1º EP  Relixión

Construyendo

mundos 

 Obradoiro

Santillana

 9788468071428  Cast
 1º EP  Inglés

All About Us Now 1

Class Book with

Digital Book

 

Oxford   9780194074223  Ing
1º EP Inglés

All About Us Now 1

Activity Book with

Digital Book 

Essential 

 Oxford 9780194079686 Ing
2º EP Matemáticas

Mochila ligera:

Construyendo

Mundos

Obradoiro

Santillana

9788414407639 Cast
2º EP

Lengua 

Castellana

Mochila ligera:

Construyendo

Mundos

Obradoiro

Santillana

9788414407622 Cast
2º EP Lingua Galega

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788491856757 Gal
2º EP Ciencias Sociais

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788491856962 Gal
2º EP

Ciencias da

Natureza

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788491856948 Gal
2º EP Relixión

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788414407967 Cast
3º EP

Lengua 

Castellana

Construyendo 

Mundos:

Mochila Ligera

Obradoiro

Santillana

9788468072012 Cast
3º EP Lingua Galega

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788491854098 Gal
3º EP

Ciencias 

Naturais

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788491854104 Gal
3º EP Ciencias Sociais

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

9788491854166 Gal
3º EP Matemáticas

Construyendo 

Mundos:

Mochila Ligera

Obradoiro

Santillana

9788468071367 Cast
3º EP Inglés

All About Us Now 3

Class Book with

Digital Book

Oxford 9780194074650 Inglés
3º EP Inglés

All About Us Now 3

Activity Book + Alk

with Digital Book

Essential

Oxford 9780194079761 Inglés
 4º EP  Lengua 

Castellana

Construyendo 

Mundos 

Obradoiro

Santillana 

 9788414407387 Cast 
 4º EP Matemáticas   Construyendo 

Mundos 

 Obradoiro

Santillana

 9788414407691 Cast 
 4º EP

 Lingua

Galega

Construíndo mundos   Obradoiro

Santillana

 9788491857051  Gal
 4º EP

 Ciencias

Naturais

Construíndo mundos   Obradoiro

Santillana

9788491856924   Gal
 4º EP  Ciencias Sociais Construíndo mundos   Obradoiro

Santillana

9788491856986   Gal
 4º EP Relixión   Construyendo 
Mundos  
 Obradoiro

Santillana

 9788414448458  Cast
4º EP Inglés

All About Us Now 4

Class Book with

Digital Book

Oxford 9780194074803 Ing
4º EP Inglés

All About Us Now 4

Essential Activity

book + Alk Go

Pangea with Digital Activity Book

Oxford 9780194079792 Ing
 5º EP Inglés 

All About Us Now 5

Essential Activity

book + Alk Go

Pangea with Digital Activity Book 

Oxford   9780194079822 Ing 
 6º EP  Inglés

All About Us Now 6

Essential Activity

book + Alk Go

Pangea with Digital Activity Book  

 Oxford 9780194079853  Ing 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer