try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Blogue

Montando un Escornabot

Como xa temos comentado o ano que vén teremos uns compañeiros na Biblioteca, que non falan, so pitan, e teñen unhas luciñas verdes e azuis moi chulas... claro está, falamos dos Escornabots.

Déixovos aquí, para que vaiades familiarizándovos coa montaxe do robot, este vídeo titorial.

Non falamos nel das conexións, pero noutros vídeos falaremos delas, ou as veremos directamente na Biblioteca.

Esperámovos en canto que pasen as calores do verán.

 

Kamishibai Kamaleónico

O Kamishibai este ano non parou. Primeiro coa ciencia en galego, logo contando contos por aí adiante, e finalmente con estes rapaces de segundo curso que nos veñen contar a historia dun Camaleón que andaba á procura dun pouco de inspiración... e abofé que a atopou!

 

Por unha Biblio máis inclusiva

Cocartel cdumo sabedes estamos en pleno proceso de reforma da biblioteca do centro, e nese marco imos traballar para que todos e todas nos poidamos mover con máis facilidade por ela e atopar o que buscamos.

Para iso preparamos, tomado da Xarxa de bibliotecas de Vilanova i la Geltrú, pero adaptado á CDU simplificada que empregamos en Galicia, unhas iconas para sinalización nos andeis e outras menores para colocar nos lombos dos libros.

O documento con todas as iconas, preparadas para a súa impresión, deixámola aquí no noso blogue, para o uso de quen queira botar man delas.

O Xastriño Valente no contacontos para os pequenos

Deixámovos aquí un anaquiño de teatro lido realizado polo alumnado de 4ºA que este ano se fixo cargo das lecturas de contos para os pequenos no recreo na Biblioteca.

Dende logo foi esta unha clase moi colaboradora que quixo pechar con esta montaxe a súa participación nesta actividade da biblio.

 

 

En breve Escornabots na Biblioteca

O venres 12 de maio asistimos a unha sesión de Formación en Santiago onde 20 encargados de Biblioteca de Galicia (4 eramos de Ourense) collemos o soldador, o estaño, o desparafusador.... e veña, construímos o noso primeiro Escornabot.

Hai moitas razóns para inserir estes simpáticos robots na dinámica da Biblioteca, e xa volas iremos contando... pero iso será cando teñamos a formación suficiente para poñernos mans á obra.

Mentras tanto déixovos unha imaxe da xornada de formación, do proceso de montaxe do noso Escornabot. Todos funcionaron, tamén o noso.

Montaxe dos escornabots

Migrando

Comezamos unha nova  andaina do Blogue da Biblioteca.

Durante moitos anos estivemos aloxados en Blogaliza, un servizo que nos acolleu e co que partillamos a nosa defensa do noso idioma e a súa presenza na rede.

Pero ultimamente por razóns de seguridade contra de ataques cibernéticos as chaves de seguranza son cada vez máis ríxidas dificultándonos a realización dos nosos artigos, co resultado de que a nosa actividade neste campo ten baixado bastante.

Así que decidímonos a poñer en marcha esta páxina dentro de Drupal, do noso Drupal, para irvos informando das novidades que imos poñendo en marcha en relación coa biblioteca escolar.

Son moitas as novidades que vos temos que contar: que estamos en LIA2 o que vai supoñer un cambio nas dotacións e nas estruturas da biblioteca, que para o ano teremos escornabots e un curruncho lego, que temos asegurada unha pizarra dixital e que vamos traballar a videoconferencia dende a biblioteca cando fagamos actividades de interese para todos.... vamos, un monte de cousas que mellor iremos contando aos poucos, demoradamente, para que nos sente ben.

E mentras tanto seguídenos neste novo enderezo.

Saúde e lecturas.

Distribuir contido