ELECCIÓNS XORNADA LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ
Estimadas familias:
Comunicamos que o Servizo de Transporte e a Inspección Educativa informaron favorablemente sobre o procedemento de cambio de xornada a sesión única de mañá. Polo tanto corresponde agora continuar coas seguintes fases do proceso:
1.INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO DE ACTIVIDADES DE XORNADA CONTINUA
Co fin de garantir o máximo coñecemento e amplo consenso da comunidade educativa achegamos enlace do PROXECTO DE ACTIVIDADES DE XORNADA CONTINUA
2.VOTACIÓNS DAS FAMILIAS
- A xornada de votación celebrarase o día 29 de marzo en horario de 8:30h da mañá a 20:00h. Deben presentar DNI ou documento de identificación.
- O censo electoral está exposto no taboleiro de anuncios do centro para a súa consulta. O voto é directo, secreto e non delegable.
- O cambio de horario debe ser aprobado polo 58% do censo, podendo votar o pai ou a nai ou un dos titores legais.
- Un voto por familia.
Animamos á participación de todos e quedamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida ao respecto
XORNADA ÚNICA de Natalia Longo