try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Aviso Fondo Solidario de Libros

As persoas que solicitaron axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2017/2018,  poden pasar polo cole entre o luns 10 de xullo e o venres 21 de xullo para comprobar o estado da súa solicitude e, de ser o caso, recoller os vales correspondentes.

O horario de recollida será desde as 9:00 horas ata ás 13:30 horas.

Os vales que non sexan recollidos nestas datas , quedarán gardados no cole ata setembro.

 

FONDO SOLIDARIO DE 3º EP.

Todo o alumnado que cursará 3º curso de Educación Primaria para o vindeiro ano académico 2017/2018, solicitase ou non a participación no Fondo Solidario, ten libros gratuitos por haber existencias  suficientes no cole.

Só terán que mercar o “Activity book” de Inglés porque non entra dentro do programa de gratuidade .

Os libros do fondo solidario, repartiránse na semana do 4 ó 8 de setembro

 

FONDO SOLIDARIO DE 4º EP.

Todo o alumnado que cursará 4º curso de Educación Primaria para o vindeiro ano académico 2017/2018, solicitase ou non a participación no Fondo Solidario, deberá consultar a lista de concesión de libros e, deste xeito, asegurarse  dos libros que ten que mercar.

Todo o alumnado de 4ºEP,terá que mercar o “Activity book” de Inglés porque non entra dentro do programa de gratuidade.

Os libros do fondo solidario, repartiránse na semana do 4 ó 8 de setembro.