try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Aberto Prazo de Matrícula para o curso 2017-2018

Dende o 1 ata o 20 do mes de marzo está aberto o prazo de reserva de matrícula para o alumnado de novo ingreso para o curso 2017-2018.

Os impresos pódense recoller na secretaría do centro onde se vos informará de toda a documentación necesaria para a formalización da mesma unha vez saian as listas definitivas de admitidos.

Podedes ver nesta web a nosa oferta educativa, as nosas instalacións, as nosas directrices pedagóxicas... en fin todo aquilo que poidades precisar para estar ben seguros de que a escolla para os vosos fillos é a máis acaída aos vosos intereses.