try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Enquisa da Biblioteca

Como todos os anos queremos invitarche a mellorar os servizos da Biblioteca Escolar, e para iso que mellor que facernos saber que cousas son as que máis che gustan, en que cousas pensas que debemos mellorar...

Para iso ao remate do curso facemos unha enquisa que queremos que cubras para que poidamos coñecer as túas opinións.

Cubrir o formulario non che ha levar máis de cinco minutos, pero a nós vainos axudar, e moito, para que o ano que vén teñamos menos fallos, e fagamos máis cousas do voso agrado que melloren os servizos da biblioteca.

Grazas de antemán.