Características do centro

 
 

O CEIP Plurilingüe Concepción Arenal é de titularidade pública, dependendo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O seu mantemento corre a cargo do Concello de A Coruña.

Enderezo: Rúa Marqués de Amboage, nº 2, 15006,  A Coruña.
Telf: 881 88 00 66

Fax: 881 88 00 69

E-mail: ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es

Web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipconcepcionarenal/

Revista electrónica:http:/ejournal.eduprojects.net/CEIPconcepcionarenal/

 

Horario escolar: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Tramos educativos:  

               1.      Educación Infantil (de 3 a 6 anos): Ademais das ensinanzas establecidas pola lexislación vixente para esta etapa educativa, os alumnos reciben clases de: Música, Inglés e Psicomotricidade.

               2.      Educación Primaria (de 6 a 12 anos)

 
        Dende o curso 2010-2011 somos un centro Plurilingüe, polo que a Expresión Plástica se imparte en Inglés en tódolos niveis de Educación Primaria.     

        Para apoiar o ensino da lingua oral inglesa, contamos cun Auxiliar de Conversa.

       Dende o 2011-2012 somos un centro Abalar, polo que as aulas de 5º e 6º de Primaria son aulas dixitais (están equipadas con  proxector, encerado dixital interactivo, pórtatil para o profesorado, ultraportátiles para cada un dos alumnos, armarios de carga e redes wiffi)

      Ademais, temos todas as aulas nos distintos niveis equipadas con ordenadores, proxectores, PDI e conexións wifi.

     Outros servizos:

1.      Madrugadores: xestionado pola AMPA, con horarios dende as 7:30 h. e posibilidade de   almorzar ou non.

2.      Comedor Escolar: xestionado pola AMPA, con servicio de cátering, en horario de 14,00   a 16, 00 h.(*).
Actividades Extraescolares, para tódalas idades, en horario de 16,00 a 18,00 h.

3.      Transporte escolar: Para o alumnado con discapacidade motora

 

      As Infraestructuras coas que conta son as seguintes:
   

                          Pavillón Polideportivo (compartido co IES Fernando Wirtz)

                       Patios

                      Aula de Informática.

                         Ascensor e rampas.

                         Biblioteca escolar

 

(*)Características do comedo

 

             ·        Servizo de comida, en horario de 14 a 16 horas.

             ·        Sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.

             ·        Comida de "cátering" tipo caseiro, con posibilidade de dietas con prescrición médica.

             ·         Persoal: monitores especializados

             ·        Posibilidade de inscrición por días ou semanas soltas.

             ·        Inscrición: na AMPA do centro (aparenal@gmail.com)