try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

INSTALACIÓNS

O recinto educativo consta de dous edificios independentes rodeados de ampla zona verde axardinada, aparcamento e unha pista polideportida. Asemade contamos cun pavillón onde se imparte a clase de E. Física para o alumnado de E. Primaria .O pavillón utilízase asemade para celebrar os festivais da escola e para outros actos conxuntos (celebracións e actividades dinamizadoras de lectura, por exemplo…)

O edificio central consta de tres plantas:

.-Na planta baixa sitúanse a Secretaría, a Dirección a Sala de profesorado, a Biblioteca, a cociña e o comedor escolar

.-No primeiro andar  atopamos a aula de Informática, a aula de PT, a aula de AL, o despacho de Orientación, a aula de Música, dúas aulas de Educación infantil,as aulas de primeiro e segundo de primaria e Titoría 1.

.-No segundo andar atopamos as aulas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, a aula de inglés e a ludoteca utilizada como aula de psicomotricidade para Educación Infantil e aula TIC.

En todas as plantas hai lavabos para o alumnado e o profesorado

No edificio de E. Infantil contamos con dúas aulas desta etapa (este curso EI3-A e EI3-B) dous despachos, lavabos e o patio.

Outros espazos

ESPAZO

AULA

Aula de inglés

1º andar . Aula 13

Aula de música

1º andar.

Laboratorio e informática

1º andar

Orientación

1º andar

Pedagoxía terapéutica

1º andar

Biblioteca

Planta baixa

Audición e Linguaxe

1º andar

Psicomotricidade

Ludoteca . Aula 14

Aula de plástica

Exterior edificio

Local ANPA

Exterior edificio

Pavillón deportivo

Exterior edificio