try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Benvida

 CARTA DO TRASNO

O noso amiguiño, oTrasno Contacontos deixou na caixa de correos da escola unha carta para todos/as os artistas de Chans que queren  compartir o seu talento dende a casa. Anímádevos a participar. Preme na carta do Trasno

 

 

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:2020/21

Estimadas familias 

Informamos que a partir do 20 de maio e ata o 19 de xuño podedes  solicitar as axudas para adquisición de libros e material escolar.

-          Alumnado de 1º e 2º de primaria axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

-          Alumnado de 3º a 6º de primaria participación non Fondo Solidario de Libros de texto e axudas para material escolar.

Podedes  solicitar estas axudas preferiblemente través da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 Opcionalmente poderase presentar a solicitude no centro (pedir cita previa no 886111140).

 Resumo da convocatoria:

https://drive.google.com/open?id=1CnnF78r8QQLYzH_cPhu-1S9ZLPHK-3b9

 Poden consultar a información completa premendo  na seguinte imaxe 

 

Para descargar o impreso prema na imaxe

 

LETRAS GALEGAS 2020

As consecuencias da crise sanitaria polo COVID-19 obrigaron á institución académica a pospoñer  todos os actos presenciais que estaban previstos  para a festa das nosas letras ao 31 de Outubro.

A nosa escola quere unirse á festa salientando a figura de   Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado deste ano. No blogue de Dinamización lingüística poderas coñecer máis sobre a vida e a obra deste escritor ferrolá

RESTABLECEMENTO DOS PRAZOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Dende  o 11 ao 18 de maio retomamos os trámites administrativos para presentación de solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020/21.

Recoméndase a presentación telemática  a través da aplicación:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 Horario de atención ao público para presentación presencial: de  luns a vernes de10:00-13:00 horas.Recomendamos o uso de mascarilla

Para máis información preme na imaxe:

 Estamos a súa disposición no teléfono 886111140 

LECTURAS E OUTROS IMPRESCINDIBLES. DIA DO LIBRO 2020

Para conmemorar a festa dos libros 2020, o Equipo de Biblioteca quere compartir esta actividade colaborativa con toda a comunIdade educativa: o noso "Kit de supervivencia" para facer máis levadío este tempo de confinamento. Esperamos que vos guste

 

 E se queredes acceder a máis propostas de lectura na casa, invitámosvos a visitar o Blogue de BiblioChans:

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Agardando que esteades ben de saúde queremos informarvos que o 14 de abril reiníciase a actividade lectiva non presencial.

Estamos a espera de instrucións precisas por parte da Consellería  para o desenvolvememento deste trimestre .

Namentres, o profesorado retomará o contacto co alumnado o martes 14 de abril.

Preme na imaxe para consultar esta información:

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS:CIRCULAR NÚMERO 3

Premendo na imaxe poderedes ler a circular informativa número 3. Unha forte aperta co noso desexo de que esteades ben de saúde e ánimos.

 

SAÚDOS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Dende as nosas casas con moito agarimo e co desexo de que pronto poidamos voltar a escola con saúde e ilusión. Unha manchea de apertas. Premede na imaxe e poderás ver o agasallo:

 

 

AXUDAS USUARIOS/AS DE COMEDOR

Pódedes acceder á orde de axudas aos usuarios de comedor no seguinte enderezo.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

Aquelas familias que teñan dificultades para realizar a solicitude telemática debennos enviar os seguintes datos ao correo da escola, ceip.chans.bembrive@edu.xunta.es :

·         DNI do pai ou nai:

·         Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

·         Nome do alumno/a:

·         Nome do pai/nai:

·         Número de cuenta bancaria:

Para poder realizar a solicitude dende a escola.

Para calquera dubida prestamos atención telefónica de 10:00 a 13:00 horas no número de teléfono 886111140

Podedes acceder ao resumo da Orde premendo na imaxe:

 

 

COMUNICADO PARA AS FAMILIAS

Ante as circunstancias tan excepcionais e cheas de incertidumbre que nos están tocando afrontar, queremos mandarvos unha mensaxe de tranquilidade, responsabilidade e fortaleza.

Sabemos das vosas preocupacións  con respecto á futura marcha deste curso. Compartimos as vosas inquedanzas porque tamen para nos é unha situación nova e chea de dúbidas. 

O prioritario é manter un equilibrio san entre o uso responsable  do tempo e as relacións de convivencia durante este período de "encerro" tan antinatural para todos/as, principalmente para os máis pequenos/as da casa.

Estes días recibiredes nos vosos correos  as "tarefas escolares" para os vosos fillos/as. O noso propósito non é  engadir máis  tensión á que xa todos/as estamos a padecer. Trátase de  que na medida do posible,  recuperen as  "rutinas  académicas" e  que segan conectados dun modo ou outro coa escola. Así que moita paciencia porque quizáis eles/as non comprenden o  alcance do que está sucedendo. Axudarlles a organizarse e a dosificar o traballo.

Ogallá moi pronto os vosos fillos/as poidan estar de novo na escola e que poidamos vivir sen medo

Que esteades ben!. Ata pronto familias!!

 

ALERTA SANITARIA

Premendo  AQUI accederás ás instrucións da Consellería de educación sobre as medidas a adoptar en relación coa pandemia COVID_19.

Interrómpense os prazos para presentación de solicitudes presencialmente. Os prazos reabgriranse ata unha semana despois de comezar a actividade lectiva. Mentres tanto podedes facer usol da presentación de solicitudes para o proceso de admisión telemáticamente.

 

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Podedes descargar o formulario de inscripción ou cubrilo on line

 

 

Podedes consultar a documentación que precisades presentar na secretaria da escola, no caso de ter que baremar e o calendario da datas

DOCUMENTACIÓN

 

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro, a partires das 12:00 horas tendes unha cita na nosa escola para gozar do Entroido máis ecóloxico da bisbarra: "E ti, de que vas vir disfrazado?"

Premendo na imaxe poderás disfrutar do ritmo e cor das comparsas da escola:

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

Estamos encantados/as de abrir a nosas portas a todas aquelas familias que queiran coñecer o noso proxecto Educativo. Achégadevos ao cole Chans, "unha escola emocionante"

 

 

 

 DIA DA PAZ 2020

 

 Os nenos e nenas de Chans quixemos facer unha homenaxe a todas as persoas que tiveron que abandoar as súas casas involuntariamente por motivos, relixiosos, económicos, políticos...

A partires da lectura do conto "Podrías"; de Joana Raspall (traducido previamente ao galego) salientamos a importancia da solidariedade para axudar a construír un mundo mellor. A cor da pel, a lingua, a comida, a roupa, os xogos...todo podería ser diferente de ter nacido noutro lugar. 

Preme na imaxe e poderás ver os nosos traballos

 

 

ESPERANDO O NADAL, EN CALMA

A calma é unha das apostas máis sóidas da nosa escola. : facer unha pausa, explorar como estamos, escoitar atentamente, confiar no que esta xurdindo momento a momento..e  actúar dende esa sensación.

Neste almanaque de decembro, podedes entrenar a vosa mente, ensiñarlle como   tranquilizarse, a saber esperar e a afrontar os conflitos dende a moderación e o diálogo. De este xeito poderemos saborear mási intensamente  toda a maxia  que nos traerá o Nadal.

Preme na imaxe e poderás acceder ao almanaque:

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 OUTUBRO

Para conmemorar o Dia das Bibliotecas escolares o Trasno Contacontos deixounos este percorrido polas Bibliotecas con máis encanto do mundo. A ver se adiviñades cal é a súa Biblioteca preferida. Preme na imaxe para acceder o video

 

 

COLABORANDO COA UNIVERSIDADE DE VIGO (APS)

Este curso, a nosa escola vai colaborar coa universidade de Vigo e co seu proxecto de innovación educativa Aprendizaxe -servizo (APS). Os alumnos/as universitarios visitarán as aulas de Chans e implementarán actividades, previamente deseñadas e coordinadas polos seus profesores universitarios para mellorar a calidade educativa :

.Xeometria aplicada a vida cotiá

.Xestión de residuos e prevención de riscos

.Transformación do patio nun espazo creativo e inclusivo

CHANS COIDANDO DO NOSO PLANETA

 

 

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR:

Podedes descargar a autodeclaración do comedor premendo na imaxe:

 

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO LIBROS 2019/20

Xa podedes consultar as listaxes definitivas  de admitidos no Fondo libros . Os libros repartiranse  os días 5 e 6 de setembro  en horario de 10:00 a 13:00 horas.

CALENDARIO ESCOLAR 2019-20

Xa podedes consultar o calendario escolar do vindeiro curso. As clases comezarán o día 11 de setembro. Bo verán!

 EDICIÓN XX DA REVISTA A XANELA

Estamos de aniversario. Levamos 20 anos abrindo Xanelas. Non perdas a oportunidade de contemplar e gozas cos nosos traballos:

 

 

 

  LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019/20

Preme na imaxe para consultar a listaxe de libros para o curso 2019/20 

 

 

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º primaria:

O venres 14 de xuño os nenos e nenas de 6º foron os protagonistas da escola. Tras nove anos "medrando" en Chans  estan a piques de comezar un novo ciclo. Ogallá que as vosas mochilas vaian ben cargadas de inspiración e aprendizaxes para a vida. Premendo na imaxe podedes ver este video tan emotivo que elaboraron as súas titoras: "Deles aprendín":

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

Aqui tendes unha pequena mostra do homenaxe que na nosa escola  fixemos ás nosas letras o xoves 16 de maio .

 

XA É ENTROIDO EN CHANS

O venres 1 de marzo a partires das 12:00 horas invitámosvos a participar do noso Carnaval mítico. Esperámosvos no Monte Olimpo!
 
 
 
 
 

O NOSO PROXECTO. UNHA VIAXE POLO OLIMPO

Coa chegada do novo ano, estreamos un novo proxecto. As nosas maletas xa están cheas de gañas de aprender e de ilusión para comezar unha "Viaxe polo Olimpo" morada dos Deuses e outros seres mitolóxicos . Se queredes acompañarnos nesta "viaxe mítica" premede na imaxe:
 
 Invitámosvos a que nos acompañedes na nosa viaxe polo Olimpo achegándovos ás actividades que estamso a desenvolver neste proxecto. Premede na imaxe

 CELEBRACIÓN CONXUNTA DO DIA DA PAZ  2019

 
Preme na imaxe e poderás escoitar a canción "Eu teño alguen no meu corazón" en linguaxe de signos. Quixemos transmir a idea de  que o noso corazón acolle moitos sentimentos entre eles o do amor que sentimos polas persoas especiais que forman parte da nosa vida e coas que compartimos moitas emocións:
 
 
BO NADAL E FELIZ 2019
 
O Claustro do profesorado do CEIP de Chans Bembrive deséxavos un Nadal cheo de sorrisos, ledicia e solidariedade. Preme na imaxe e accederás á felicitación:
 
 
 
BIBLIOCHANS DESÉXAVOS UN NADAL CHEO DE FANTASÍA E BOAS LECTURAS...
Porque un libro é o mellor dos agasallos:
 
 
FESTIVAL DE NADAL 2018.
O venres 21  de decembro a ledicia e a maxia do Nadal chegaron a nosa escola. Premede na imaxe e poderedes acceder ás imaxes dos nosos pequenos grandes artistas.
 
 
 
 
 
 
CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2018/19. PREME NA IMAXE
 
 
 
O SAMAIN CHEGA AO COLE:
Invitámosvos a ver a "terrorífica" exposición de cabazas que adornan á entrada do colexio.Agracedemos ás familias e ao alumando a súa colaboración e creatividade.Preme na imaxe e accederás ao vídeo:
 
 
 
 
 
 
SOMOS UNHA "ESCOLA EMOCIONANTE":
Preme no panel e descubrirás o porqué:
 
 
 
  
 
"AO SON DE CHANS"
Comezamos o ano 2018 con proxectos e ilusións que "soan moi ben": unha viaxe apaixoante ao máxico mundo dos sons, ritmos, intérpretes e composicións musicais.
A maxia do Nadal deixounos un agasallo moi especial: unha partitura xigante con simpáticas e xoguetonas notas musicais que soan afinadas e ben acompasadas. Acompañádesnos  nesta nova andaina?
 
 
 
"CONSTRUÍNDO BENESTAR NA ESCOLA DE CHANS"

Este curso afrontamos un reto moi interesante: construír benestar na nosa escola.Queremos traballar neste eido, queremos axudar a que todos e todas os que formamos esta escola sexamos un pouco máis felices. Para coñecer o noso proxecto preme na imaxe:

 
 
 
  "APRENDE A PENSAR EN BIBLIOCHANS"
 

Os nenos e nenas de Chans unímonos á celebración do Día das bibliotecas Escolares 2017  participando nunha manchea de actividades.

 O lema  escollido desta xornada é "Aprende a pensar en Bibliochans", xa que a Biblioteca oferta un montón de posibilidades  para "aprender a pensar" e desenvolver o pensamento crítico. O Trasno Contacontos mandounos unha carta para convidarnos a visitar o   espazo máis máxico da escola. Os nenos de 6º fixeron un vídeo no que nos ensinaron como pasar de "Rata a leoa" e agasalláronnos cun marcapaxinas conmemorativo. Ademais vimos o vídeo "As cores de Bibliochans" e realizamos actividades variadas  que nos axudaron a manexarnos mellor na nosa Biblio.

 
 
 
 
 
PASE-ARTE POLO MUSEO DE CHANS
 
O martes 2 de maio inauguramos oficialmente  o "Museo de Chans" . O corredor do 1º andar transformouse nun Museo moi especial  onde se exhiben un total de quince cadros. Preme na imaxe e accederedes a descubir as marabillas agochadas neste Museo. Invitámosvos a percorrerlo. Descargade nos voos dispositivos móbiles un lector de códigos QR e accederes a estes videos. 
 
 
 
 
 
E tamen podes percorrerlo con esta guía impresa que atoparedes á entrada do Museo. Preme na imaxe.
 
 
E para rematar a visita, enche este formulario
 
 
 
 
AVISO: NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO DO COLEXIO DE CHANS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOMOS UNHA ESCOLA RESPONSABLE

O noso centro está  a participar no proxecto de innovación educativa de "Educación Responsable" para a mellora da convivencia, da creatividade e da responsabilidade.  Preme na imaxe e poderás achegarte o que estamos a facer neste eido:

¡

 DIA DO LIBRO 2017:ABRE OS OLLOS!

Bibliochans sumouse á celebración do Día  do libro con estas propostas.Abre os ollos!

 

OUTRAS ACTIVIDADES 

   

Biblioteca Escolar... "Sobe ao autobús da CDU"
No mes de outubro celebramos O Mes Internacional de Bibliotecas Escolares para seguir promovendo a Biblioteca da escola como lugar de encontro e saber onde conflúen o pracer pola lectura e a inquedanza por aprender dun xeito diferente. O lema deste ano:Poéticas diversas
Acceso  ao video

Halloween-Samain 2018
Coa chegada de HALLOWEEN-SAMAIN(31 de outubro), aspantasmas, os morcegos,os esqueletos e principalmente as cabazas...convirten a escola nunha terrorífica festa. Preme no video da exposición de cabazas da escola

+ info. Agradecedemos ás familias a súa colaboración para crear estas cabazas tan  creativas 
Imaxes do obradoiro de maquillaxe e a queima dos medos

Festa do Magosto 2018
O venres 11 de Novembro celebramos o Magosto de Chans. Despois dunha divertida xornada de xogos comemos  as castañas asadas e os chourizos con pan. 

+ info

Imaxes da celebración

Día dos Dereitos d@s nen@s
20 de Novembro celebramos o día internacional dos dereitos d@s nen@s. Todos os dereitos para todos os nenos/as do mundo"
+ info

 

Nadal 2018:"UN NADAL MITICO"
Xa chega o Nadal e queremos mandarvos unha mensaxe de paz, amor e solidariedade para todos os nenos e nenas do mundo.Ogalla o ano 2017 veña cargadiño de boas sorpresas para todos e todas

Video do festival de panxoliñas

 

Día da Paz 2019:"Eu teño alguen no meu corazón". O noso proposito é encher a escola de "corazóns e bicos" luminosos que nos lembren que co poder dos nosos afectos podemos construír unha "escola mítica"

Acceso ao video

 

 

Día internacional da muller. 8 marzo

Para celebrar esta  data,  clave para avanzar na educación para igualdade, realizamos este mural colaborativo para homenaxear as mulleres que  demostran ser unhas verdadeiras campionas

Video de "Mulleres Olímpicas"