CEIP PLURILINGÜE DE CHANCELAS

O CEIP Plurilingüe de Chancelas é unha escola pública de educación Infantil e Primaria que se atopa en Poio, preto de Combarro e ollando cara a Illa de Tambo e a ría de Pontevedra.

Vista da Illa de Tambo dende o patio de Infantil

O horario do colexio é de luns a venres de 9:15 a 14:15. Actualmente contamos, grazas á colaboración da ANPA, cos servizos de Plan Madruga e comedor, podendo estar atendidos os nenos/as dende as 7:45 da mañán ata as 17:30 da tarde.

O teléfono de contacto é 886 15 14 69  e o correo electrónico ceip.chancelas@edu.xunta.es

Se pinchas ao lado da foto en adxunto poderás descargar o mapa.  

 

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA PARA O NOVO ALUMNADO DO CURSO 2019/2020

O VINDEIRO 17 DE XUÑO DE 2019 CONVIDAMOS AOS NOVOS ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020 A PASAR UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO E O PROFESORADO DO COLE EN HORARIO DE 10 A 11:30. A ESTA XORNADA PODERÁN ASISTIR OS/AS NENOS/AS ACOMPAÑADOS DALGÚN FAMILIAR.

 

ESE MESMO DÍA PODEREDES RECOLLER AS CARPETILLAS COA DOCUMENTACIÓN PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA. O QUE NON POIDA ASISTIR ESE DÍA, PODERÁ RECOLLELA NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:15 A 10:00 OU DE 13.30 A 14:15.

 

LEMBRADE QUE O PRZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Powered by Drupal - Design by artinet