Actividades

EDUCANDO CON MALIBÚ, DEPORTE ESCOLAR E CONCURSO DE POESÍA

O pasado venres, 24 de maio, vivimos de novo unha xornada escolar especial e emocionante.

Comezamos a mañá cunha charla da asociación Educando con Malibú, co obxectivo de ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, solidari@s e respectuos@s cos animais. Para iso, viñeron acompañados de Malibú, unha cadeliña preciosa que encantou a tod@s!!

Despois desta charla, baixamos para a pista do patio onde xa nos esperaban os compañeiros e compañeiras dos colexios de Présaras e de Teixeiro, cos cales participamos en distintas probas de atletismo como tiro de xavelina, salto de lonxitude ou carreira de obstáculos.

Para rematar a xornada, repartimos os premios dun concurso de poesía organizado dende o equipo de Biblioteca.

Como podedes comprobar, foi un día onde o pasamos EN GRANDEEE!!!! SorrisoGuiñoSorriso

LETRAS GALEGAS 2019

Etiquetas :

Este mércores, 21 de maio, conmemoramos na biblioteca o Día das Letras Galegas, que este ano 2019 foi adicado a Antonio Fraguas, un destacado escritor e defensor do noso idioma.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º EP explicáronnos a biografía de Fraguas, axudándose dun mural que a resumía moi ben. Así mesmo, contáronnos a historia dalgunhas das romarías de máis sona do noso contorno, posto que foi o tema da súa obra Romarías e santuarios (1988).

CONTACONTOS

Etiquetas :

Esta semana recibimos a visita dunha contacontos que nos introduciu no apaixonante mundo dos contos e fábulas, narrándonos historias moi divertidas e das que aprendimos importantes ensinanzas. SorrisoSorriso

E TI RECICLAS?

Etiquetas :

O pasado 14 de marzo, recibimos a visita dunha educadora de SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente) que impartiu unha charla aos nenos e nenas da etapa de Educación Primaria sobre a actividade que realizan.

Así, tratáronse temas vinculados ao tratamento do lixo, á reciclaxe, á conservación do medio, á xeración de enerxía a través da transformación de residuos,... Foi unha charla moi interesante e interactiva onde tod@s os nen@s poideron participar, achegar as súas aportacións e resolver diferentes dúbidas respecto a ditos temas.

Antes de marchar, a educadora repartiu uns agasallos para os rapaces e rapazas que asistiron á charla (un bolígrafo, un lapis e un afialapis). Asi mesmo, troixo uns libros para a biblioteca escolar dirixidos á etapa de Educación Infantil.
 

DÍA DA MULLER

Etiquetas :

O 8 de marzo conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Dende o Ceip Plurilingüe Bragade tamén quixemos celebrar este día. Para iso, e en relación co proxecto sobre a Terra que estamos levando a cabo, cada neno e nena troixo unha foto dunha muller da súa familia (nai, avoa, tía,...) realizando tarefas no campo. Aqueles que non troixeron a foto, colaboraron facendo un debuxo sobre o mesmo. Con todas esas imaxes, fixemos un mural fermoso! Mirade!!!!

DÍA DA BIBLIOTECA

Etiquetas :

O mércores, 24 de outubro foi o Día da Biblioteca. Para conmemoralo fomos tod@s á biblioteca e alí vimos un documental infantil sobre as abellas. Despois, fixemos uns bonitos lapiseiros coa forma deste insecto.Sorriso

DÍA DA PAZ

Etiquetas :

Esta semana conmemoramos o Día da Paz (30 de Xaneiro). Para iso, tod@s fomos á bilioteca e cantamos unha canción. Nela, cada neno e nena aportaba unha palabra representativa da paz. A continuación, pegaron nun mural a súa semente coa palabra que elexiron para cultivar a paz e a árbore que medrará desa semente. O mural quedou moi bonito!!SorrisoSorrisoSorriso

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Etiquetas :

Para conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de Novembro), o venres cantamos na bilioteca unha fermosa canción e cada un/unha d@s nen@s pegou nun mural a súa celda dos panais das abellas cunha aportación á práctica do bo trato.

DÍA DE ROSALÍA

Etiquetas :

O 24 de febreiro do ano 1837 nacía Rosalía de Castro, unha das nosas grandes escritoras galegas. É por iso que nesa data se conmemora o Día de Rosalía. Nós quixemos recordar a esta escritora e á súa magnifíca obra reuníndonos na biblioteca do colexio, onde os nenos e nenas de 5º e 6º nos deleitaron recitando uns poemas de Rosalía de Castro. Desfrutamos moito grazas á obra desta autora e aos nosos rapaces e rapazas que nos achegaron á súa poesía!!

 

Celebración do Día da Muller Traballadora

Etiquetas :

Hoxe celebramos na nosa Biblio o Día da Muller Traballadora. Primeiro vimos os vídeos feitos polos nosos nenas e nenos que quedaron impresionantes e a continuación pegamos as medallas neste mural adicado a Natalie Do Toit, primeira nadadora discapacitada en xogar nos Xogos Olímpicos. Natalie nada tanto en piscina coma en augas abertas.

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design