Actividades, Aula 1º e 2º Primaria, Aula 3º e 4º Primaria, Aula 5º e 6º Primaria, Aula de Infantil, Educación Física, English Classroom, Infantil, Música, Primaria, Relixión

EXCURSIÓN 5º E 6º

Dende o luns 3 de xuño ata o venres, día 7, os rapaces e rapazas de 6º e un rapaz de 5º foron de excursión á estación de montaña Oca Manzaneda como despedida do alumnado de 6º que finaliza os seus estudos neste centro.

Ao longo desa semana fixeron moitas actividades en contacto co medio: equitación, senderismo, pelota canadiense,...

Ademais, fixeron novas amistades porque tamén se atoparon alí con rapaces e rapazas doutros colexios de Galicia.

Foi unha semana inolvidable e chea de diversión!!! RisaRisaRisa

FIN DE CURSO 2018-2019

Etiquetas :

Parece que foi onte cando publicamos a primeira entrada sobre o inicio deste curso e xa vamos pola derradeira! Chegou o último día deste curso 2018-2019 que estivo cheo de emocións!!

Durante as primeiras horas da mañá colocamos na pista exterior os "stands" ou postos para mostrar todos os traballos relacionados co proxecto que os diferentes niveis foron realizando ao longo do curso. 

Despois deu inicio o acto de fin de curso no salón de actos. Este comezou coa actuación de todo o alumnado representando un musical en inglés titulado "Bees and cows are friends". A continuación tivo lugar a gradación dos pequenos e pequenas de 6º de Infantil, que pasan para a etapa de Primaria, e dos rapaces e rapazas de 6º de Primaria que remataron os seus estudos neste colexio para iniciar a seguinte etapa no instituto. Foron momentos moi emocionantes para tod@s!!

Rematado o acto, as familias puideron pasar polos diferentes postos dos proxectos antes da comida que tivo lugar no mesmo lugar. Temos que agradecer ás familias a súa colaboración proporcionando toda a comida necesaria para facer posible este xantar.

Por último, clausuramos o curso coa festa da espuma onde tod@s o pasamos XENIAL!!!!

 

SAÍDA FIN DE CURSO, VISITA DUN MAGO E EXPOSICÍÓNS DO PROXECTO

Etiquetas :

A última semana deste curso 2018-2019 foi emocionante pola gran cantidade de actividades que realizamos.

O martes, 18 de xuño, fomos de excursión a Dumbría para ver a Fervenza do Ézaro e pasar o resto do día na praia. Sen embargo, o tempo non nos acompañou e, aínda que tentamos acercarnos á Fervenza, non puidemos facelo por mor da choiva.

A pesar diso, descubrimos unha morea de curiosidades sobre o Ézaro e o Monte Pindo na visita que realizamos ao Museo que se atopa no mesmo lugar.

Despois, comemos nun restaurante onde a comida estaba moi saborosa!!!

Xa pola tarde, a choiva deunos unha tregua mentres visitamos o Faro de Fisterra e mentres merendamos nun parte próximo a el.

A chuvia estragounos os plans e non nos permitiu ir á praia pero, a pesar diso, pasámolo en GRANDE!! GuaySorrisoGuiño

 

Ao día seguinte, recibimos a visita dun mago que nos fixo desfrutar moito coa súa actuación. Os seus trucos foron incribles!! Sorprendido

 

O xoves, realizamos as exposicións do proxecto que desenvolvemos ao longo do curso.RisaRisaRisa

IMOS DE FESTA!!!

Etiquetas :

 

Hoxe, os pequenos e pequenas de infantil, introducíronse de cheo no mundo das tradicións populares recreando unha romaría. Vestíronse con roupa de época, fixeron rosquillas típicas das festas, levaron cestas con froita e foron camiñando ata un souto próximo ao colexio.

Máis tarde, os rapaces e rapazas de Educación Primaria subimos andando para xuntarnos cos compañeiros e compañeiras de Infantil e continuar a festa!! 

Tod@s xunt@s comemos de campo, ao son de muiñeiras tocadas por un gaiteiro, bailamos e xogamos.

Sen dúbida, foi unha experiencia fascinante e única para achegarnos ás nosas marabillosas costumes!!!! RisaRisaRisa

EDUCANDO CON MALIBÚ, DEPORTE ESCOLAR E CONCURSO DE POESÍA

O pasado venres, 24 de maio, vivimos de novo unha xornada escolar especial e emocionante.

Comezamos a mañá cunha charla da asociación Educando con Malibú, co obxectivo de ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, solidari@s e respectuos@s cos animais. Para iso, viñeron acompañados de Malibú, unha cadeliña preciosa que encantou a tod@s!!

Despois desta charla, baixamos para a pista do patio onde xa nos esperaban os compañeiros e compañeiras dos colexios de Présaras e de Teixeiro, cos cales participamos en distintas probas de atletismo como tiro de xavelina, salto de lonxitude ou carreira de obstáculos.

Para rematar a xornada, repartimos os premios dun concurso de poesía organizado dende o equipo de Biblioteca.

Como podedes comprobar, foi un día onde o pasamos EN GRANDEEE!!!! SorrisoGuiñoSorriso

LETRAS GALEGAS 2019

Etiquetas :

Este mércores, 21 de maio, conmemoramos na biblioteca o Día das Letras Galegas, que este ano 2019 foi adicado a Antonio Fraguas, un destacado escritor e defensor do noso idioma.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º EP explicáronnos a biografía de Fraguas, axudándose dun mural que a resumía moi ben. Así mesmo, contáronnos a historia dalgunhas das romarías de máis sona do noso contorno, posto que foi o tema da súa obra Romarías e santuarios (1988).

CONTACONTOS

Etiquetas :

Esta semana recibimos a visita dunha contacontos que nos introduciu no apaixonante mundo dos contos e fábulas, narrándonos historias moi divertidas e das que aprendimos importantes ensinanzas. SorrisoSorriso

CONCERTO ORQUESTRA BRAGADE

Etiquetas :

O martes, 14 de maio, a orquestra do CEIP Bragade, composta por alumnado do centro e dirixida polo seu mestre de Educación Musical, Israel Arranz, realizou un concerto didáctico para recaudar fondos para a excursión de fin de curso dos rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP.

O concerto tivo lugar no salón de actos do colexio e puideron asistir todos aqueles familiares que así o desexaron.

Ademais de interpretar diferentes cancións, unha delas composta por un alumno de 6º, todo o alumnado do centro realizou un tributo a Queen interpretando cancións desta banda. Foi un momento máxico grazas a todos os ensaios que os nenos e nenas realizaron coa súa mestra de Inglés, María.

O concerto foi realmente ESPECTACULAR e EMOCIONANTE. Parabéns rapaces e rapazas, polo voso traballo e esforzo!!

RUTA DE SENDERISMO POR CESURAS

Etiquetas :

O luns, 13 de maio, fixemos unha ruta de senderismo polo entorno de Cesuras. Participamos todo o alumnado e profesorado do centro.

Os rapaces e rapazas de 2º a 6º de EP e os mestres/as fixemos a ruta camiñando, mentres que @s pequen@s de EI e 1º EP foron en autobús.

Xuntámonos na piscina de Cesuras. Alí aproveitamos o día para xogar, correr, construír cabanas, rir, bailar, cantar,... Foi un día magnífico. Rematámolo agotad@s, pero, sen dúbida, mereceu a pena!!!!! SorrisoGuayGuiño

 

FP INNOVA GALICIA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP fomos a Santiago de Compostela visitar FP Innova Galicia 2019, un Congreso de Innovación na Formación Profesional organizado pola Conselleria de Educación, Universiade e Formación Profesional.

Ao longo dos postos que fomos percorrendo, os diferentes centros de formación profesional de Galicia fóronnos descubrindo, da man dos seus estudantes e profesores/as, unha chea de información sobre a investigación e innovación que están a desenvolver, dándonos a coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional.

Pasámolo xenial participando nos diferentes obradoirosRisa. Mirade:

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design