Aula 5º e 6º Primaria

EXCURSIÓN 5º E 6º

Dende o luns 3 de xuño ata o venres, día 7, os rapaces e rapazas de 6º e un rapaz de 5º foron de excursión á estación de montaña Oca Manzaneda como despedida do alumnado de 6º que finaliza os seus estudos neste centro.

Ao longo desa semana fixeron moitas actividades en contacto co medio: equitación, senderismo, pelota canadiense,...

Ademais, fixeron novas amistades porque tamén se atoparon alí con rapaces e rapazas doutros colexios de Galicia.

Foi unha semana inolvidable e chea de diversión!!! RisaRisaRisa

FP INNOVA GALICIA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP fomos a Santiago de Compostela visitar FP Innova Galicia 2019, un Congreso de Innovación na Formación Profesional organizado pola Conselleria de Educación, Universiade e Formación Profesional.

Ao longo dos postos que fomos percorrendo, os diferentes centros de formación profesional de Galicia fóronnos descubrindo, da man dos seus estudantes e profesores/as, unha chea de información sobre a investigación e innovación que están a desenvolver, dándonos a coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional.

Pasámolo xenial participando nos diferentes obradoirosRisa. Mirade:

AQUÍ ESTAMOS!

AQUÍ ESTAMOS OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NESTE CURSO ESCOLAR 2016/17

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design