Aula 3º e 4º Primaria

OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL

O xoves 21 de febreiro, visitounos unha hixienista que impartiu un obradoiro aos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria sobre a importancia de levar a cabo unha correcta hixiene bucodental.

Previamente, e preparándose xa para este obradoiro, os rapaces e rapazas traballaron este tema na aula e elaboraron unha maqueta con materiais reciclados representando a dentadura dunha persoa.

A hixienista deulles unha charla sobre a importancia que ten para a nosa saúde coidar a hixiene da boca e explicoulles, empregando a maqueta para iso, como realizala correctamente.

Así mesmo, realizaron outras actividades relacionadas cos tipos de alimentos máis e menos beneficiosos para manter unha hixiene bucodental saudable.

Finalmente, por grupos, tod@s lavaron os dentes baixo as instruccións da hixienista para levar á práctica todo o aprendido.

Foi unha experiencia moi divertida e na que descubriron unha morea de consellos sobre hábitos saudables!! SorrisoSorrisoSorriso

 

 

 

Qué rico!

Aquí estamos os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, e imos comer un gran biscoito que nos vai encantar! Qué fame!

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design