Infantil

IMOS DE FESTA!!!

Etiquetas :

 

Hoxe, os pequenos e pequenas de infantil, introducíronse de cheo no mundo das tradicións populares recreando unha romaría. Vestíronse con roupa de época, fixeron rosquillas típicas das festas, levaron cestas con froita e foron camiñando ata un souto próximo ao colexio.

Máis tarde, os rapaces e rapazas de Educación Primaria subimos andando para xuntarnos cos compañeiros e compañeiras de Infantil e continuar a festa!! 

Tod@s xunt@s comemos de campo, ao son de muiñeiras tocadas por un gaiteiro, bailamos e xogamos.

Sen dúbida, foi unha experiencia fascinante e única para achegarnos ás nosas marabillosas costumes!!!! RisaRisaRisa

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design