FP INNOVA GALICIA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP fomos a Santiago de Compostela visitar FP Innova Galicia 2019, un Congreso de Innovación na Formación Profesional organizado pola Conselleria de Educación, Universiade e Formación Profesional.

Ao longo dos postos que fomos percorrendo, os diferentes centros de formación profesional de Galicia fóronnos descubrindo, da man dos seus estudantes e profesores/as, unha chea de información sobre a investigación e innovación que están a desenvolver, dándonos a coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional.

Pasámolo xenial participando nos diferentes obradoirosRisa. Mirade:


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design