Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2019-2020) Deportes adaptados no "Día da Paz"

O pasado venres 31 de xaneiro, cerramos a "Semana da Paz" coa práctica de deportes adaptados no pavillón. O obxectivo era que o alumnado vivenciara e coñecera algúns dos deportes que practican persoas con diversidade funcional. En concreto, plantexáronse deportes adaptados dirixidos a persoas con discapacidades motoras e sensoriais. Así, os alumnos de infantil, 1º e 2º, coñeceron as regras e o xogo do "Air-hockey" para discapacitados motores (tren inferior).

Nun segundo grupo, os compañeiros/as de 3º e 4º vivenciaron o "voleibol sentado", tamén adaptado a persoas con discapacidade motora. Nesta ocasión tiveron uns espectadores de luxo!

Finalmente, os nenos/as de 5º e 6º enfrontáronse nun partido de "Goal-ball", unha especie de fútbol adaptado a persoas invidentes. 

Interesante xornada de deportes adaptados, na que o alumnado puido tomar conciencia de que as persoas con diferentes discapacidades tamén poden disfrutar da práctica deportiva.