Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2019-2020) E ademais... no mes de xaneiro en Infantil 2 sucedeu todo isto.

Como xa vos fomos contando, no mes de xaneiro sucederon unha chea de cousas na nosa aula:  celebramos o día da paz, experimentamos co bicarbonato, continuamos a traballar cos robots, celebramos os aniversarios do mes, cociñamos pratos de todo o mundo;  e tamén continuamos a  completar o dossier da investigación e preparar a nosa película sobre os Pokemon unha vez rematada a investigación (moi pronto teredes unha entrada explicando como vai este proceso)

Pero de forma paralela a todo isto, a vida na aula continuou coas nosas rutinas e traballos.

Coa chegada do novo ano tivemos que actualizar os nosos calendarios (en papel e online que podes ver no recanto de infantil) para que o encargado de cada día puidese facer un control de asistencia, do tempo que fai cada día, etc... Continuamos tamén coas asambleas diarias nas que compartimos experiencias.

 

A profe Yolanda continuou a vir á nosa aua unha vez á semana para presentarnos "xogos matemáticos".

 

Pasámolo xenial destruindo a árbore feita con tapóns polo Nadal. O profe levounos todos a unha ONG que os usarán para axudar a outra xente, tal como falaramos no seu momento.

 

Entre todos e todas, demos feito o traballo.

 

 

Gracias ós nosos carnet QR, continuamos a facer o encargado e a levar libros para casa cada venres.

 

Anotándoo no noso rexistro individual de préstamos, onde tamén pegamos a portada escribindo o número do libro na aplicación biblioteca online (que podes atopar no recanto de infntil). Cada vez nos resulta máis doado localizar e recoñecer os números de cada libro.

Tamén escribimos, segundo a etapa de desenvolemento lecto-escritor na que nos atopemos, o títuo do libro no rexistro, asi como o noso nome, no caso dos de menor idade.

 

Fixemos novas bandexas para a merenda, nesta ocasión con letras recortadas das revistas de difrentes tamaños.

 

Continaumos tamén a encher o noso dicionario xigante con novas palabras e imaxes (que sacamos da aplicación calendario que podes atopar no recanto de infantil).  Cada semana imos escollendo as nosas palabras favoritas que comezan por esa letra, para logo engadilas ó calendario xigante e finalmente no noso calendario individual.

Non te esquezas de visitar as outras entradas publicadas no blogue do recando de todo o que sucedeu este mes.