recursos
Dispoñibles varios "minicursos" e "minimanuais" na aula virtual
O Equipo para a introducción e dinamización das T.I.C. pon a disposición do profesorado do centro, unha serie de pequenos cursos e manuais sobre o funcionamento de diferentes servicios relacionados coas T.I.C., a disposición dos docentes.
Os minicursos e manuais estarán accesibles de xeito paulatino na AULA VIRTUAL.
NOTA.- Pode acceder ós cursos como usuario convidado, pero para poder participar nos fotos, cuestionarios e outra serie de actividades propostas será necesario contar cun usuario e contrasinal, que deberá ser solicitado ó responsable das T.I.C.
O avó de Paulo: Xogo intercultural (descarga gratuita)
Paulo é un neno como os demais: vai á escola, xoga cos seus amigos e axuda a súa nai. Mais dentro de pouco vai emprender unha aventura: buscar ao seu avó. Queres axudalo?
Con este xogo a Secretaría Xeral de Emigración pretende fomentar a educación intercultural como base para o respecto mutuo e a compresión, e a diversidade como fonte de enriquecemento
Est xogo está dispoñible en CD (non precisa ser instalado) na Aula de informática.
Tamén podes desgarlo , de forma gratuita, desde a web da Secretaría Xeral de Emigración, da Xunta de Galicia.
Programa do Salón do Libro 2009
Este é o programa do Salón do libro 2009 que podes descargar en formato PDF.
Descargar o programa desde AQUÍ
Actividades Caixanova: Guías didácticas das actividades concedidas.
A través da seguinte ligazón, podes acceder ás "guías didácticas", das actividades organizadas por Caixanova e concedidas ó noso centro.
www.centrosocialcaixanova.com/actividadesescolares
Lembra que as actividades concedidas e pendentes de realizar son as seguintes:
- BOLBORETA (1º ciclo)
- EL GRAN TRAJE (infantil)
|
25/03/2009 |
10:00 h. |
|
08/05/2009 |
10:00 h. |
Actividades xa realizadas:
- Menú vexetal (2º ciclo) - 17/11/2008
Salón do Libro 2009: bibliografía recomendada
Podes atopar a bibliografía recomendada polo Salón do Libro 2009, sobre o tema do "Amor", na web oficial:
Os alumnos/as de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto e sexto, participarán o vindeiro luns 2 de febreiro nas actividades organizadas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6