Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

zona interactiva, zona de alumnos/as, sala de mestres/as, recursos, para as familias, Ed. Infantil, Ed. primaria

Revista escolar " O cervo"

Lembrade que está rematando o prazo para entregar os traballos para a revista escolar.Coa fin de que se poida organizar con tempo,entregádeos á coodinadora do ENLD na segunda semana de maio.Podedes entregar varios traballos para logo ter material para seleccionar.

A plantilla para realizar os traballos pódela descargar no Blog de Normalización.

Saída cultural a Allariz

 

    O 16 de xuño os alumnos e titores de 3º, 4º, 5º e 6º realizaremos unha saída cultural a Allariz onde visitaremos o Muíño do Burato, e os museos de " xoguetes tradicionais", o "do liño" e o "do coiro". Tamén visitaremos o mosteiro da Virxe das Rocas en Esgos e outros lugares.

Exposición dos instrumentos musicais tradicionais galegos

O día 29 de abril de 2009 teremos unha exposición dos instrumentos musicais tradicionais galegos.Virán "Os alegres de Mourente".Será toda a mañá.

 

Dispoñible o xogo online "CLMNTK" do proxecto de educación ambiental do cambio climático CLIMANTICA.

Proxecto e material elaborado pola Consellería de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible.

 

Ligazón ó xogo online

Dispoñible no apartado "Educación en valores" desta web, ou en:

http://xogo.climantica.org/

 

Orientacións didácticas para o docente - escolas climáticas:

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-didacticas/escolas-climanticas

 

Web do proxecto de Educación Ambiental, Cambio climático:

www.climantica.org

Introducción das cualificacións no XADE

Lembrade que tedes un acceso directo ó XADE desde esta sala de mestres/as, e que atoparedes o manual para a introducción das cualificacións na aula virtual, no apartado profesorado.

Acceso á aula virtual (onde se inclúe o mini-manual para a introducción das cualificacións)

 

Nota: É importante non esquecer a introducción dos R.E. e das A.C.I. cando sexa necesario.

Remitiuse un e-mail a todo o profesorado con esta e outras recomendacións e aclaracións ó respecto.

Dipoñible novo espacio na web: "a videoteca"

Un lugar onde poder publicar vídeos que poidamos empregar nas aulas cos alumnos/as.

Se considerades necesaria algunha outra categoría da  videoteca, comunicádeo ó responsable das T.I.C.

Minicursos sobre o funcionamento da web os martes de 18:00 a 19:00

Todo o material do que se vaia traballando por parte dos mestres/as que participan nos minicursos, que teñen lugar os martes de 18:00 a 19:00 está dispoñible (como usuario convidado) na aula virtual da web.

Para aqueles que participan nestas "xornadas de traballo", lembrarlles que existe na aula virtual unha serie de foros onde poder plantexar dúbidas sobre o tratado.

Dispoñibles varios "minicursos" e "minimanuais" na aula virtual

O Equipo para a introducción e dinamización das T.I.C. pon a disposición do profesorado do centro, unha serie de pequenos cursos e manuais sobre o funcionamento de diferentes servicios relacionados coas T.I.C., a disposición dos docentes.

Os minicursos e manuais estarán accesibles de xeito paulatino na AULA VIRTUAL.

 

NOTA.- Pode acceder ós cursos como usuario convidado, pero para poder participar nos fotos, cuestionarios e outra serie de actividades propostas será necesario contar cun usuario e contrasinal, que deberá ser solicitado ó responsable das T.I.C.

O avó de Paulo: Xogo intercultural (descarga gratuita)

 

Paulo é un neno como os demais: vai á escola, xoga cos seus amigos e axuda a súa nai. Mais dentro de pouco vai emprender unha aventura: buscar ao seu avó. Queres axudalo?

Con este xogo a Secretaría Xeral de Emigración pretende fomentar a educación intercultural como base para o respecto mutuo e a compresión, e a diversidade como fonte de enriquecemento

Est xogo está dispoñible en CD (non precisa ser instalado) na Aula de informática.

Tamén podes desgarlo , de forma gratuita, desde a web  da Secretaría Xeral de Emigración,  da  Xunta de Galicia.

www.galiciaaberta.com (ligazón directa)

Programa do Salón do Libro 2009

 

Este é o programa do Salón do libro 2009 que podes descargar en formato PDF.

Descargar o programa desde AQUÍ

 

www.salondolibro.org

Distribuir contido