Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

zona interactiva, zona de alumnos/as, sala de mestres/as, recursos, para as familias, Ed. Infantil, Ed. primaria

A cidade tema do Salón do libro 2010

Esta é a información remitida pola organización do "Salón do Libro 2010", o tema elexido é A CIDADE:

 

 

 

XI SALÓN DO LIBRO
Pontevedra, 25 de xuño de 2009


Estimadas amigas e amigos do Salón:
“A cidade” é o tema elixido pola organización do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para protagonizar as actividades do vindeiro ano. A cidade como contorno, a cidade como medio de exploración para alcanzar a autonomía, cidades imaxinadas, cidades desexadas, cidades futuras ou cidades pasadas terán cabida nesta nova convocatoria.
Asimesmo aproveito para comunicarvos que a inauguración terá lugar o día 7 de Febreiro do 2010, e que o prazo de inscripción estará aberto dende o luns 16 de novembro ata o venres 20 do mesmo mes. A ficha de inscripción, xunto ca información necesaria, estará colgada na nosa web
www.salondolibro.org a medida que  se vaian achegando as datas.
Recordarvos tamén que mantemos os formatos dos traballos do ano pasado:
Libros-  A2 (84 x 60 cm) máximo
Traballos tridimensionais- 0,75 x 0,75 x 120 cm máximo

Co fin de facilitar o traballo organizaremos unha reunión cos interesados xa comezado o novo curso .

En nome da organización e no meu propio, quero darvos as grazas, unha vez máis, pola vosa xenerosa participación.
Saúdos


Lola Dopico,
Concelleira de Cultura de Pontevedra

Xa dispoñible o calendario escolar para o curso 2009-2010

Podes descargalo directamente desde a páxina de inicio da web ou ben desde aquí

Dispoñible no apartado Lexislación o novo currículum de Ed. Infantil xa publicado no D.O.G.

Podes descargalo desde o apartado LEXISLACIÓN.

 

Publicado no D.O.G. do 23 de xuño de 2009.

Dispoñibles os borradores do currículum de E.I. (L.O.E.) e do Calendario escolar

Están xa dispoñibles os borradores do novo currículum de Educación Infantil e do calendario escolar.

Espérase que en breve sexan publicados no D.O.G., nese momento serán incluidos no apartado lexislación e calendario escolar, respectivamente.

Ata ese momento podes acceder ós borradores desde aquí:

- borrador do calendario escolar 2009-2010

- borrador do currículum de infantil (L.O.E.) 

Incluído novo mini-manual: Edición e creación de vídeos (WMM, Kdenlive) na aula virtual

Xa se atopa dispoñible un mini-curso para a edición e creación de pequenos vídeos, con Windows Movie Maker (windows) ou KDEnlive (GNU-linux).

Tamén se indica como empregar youtube para subir os vídeos creados, e poder logo incluilos na páxina web.

 Atópase na aula virtual -> profesorado

 

Engadida ligazón ó traductor online ó galego TRADUCÍNDOTE

 

 

Acaba de engardirse nesta SALA DE MESTRES, nos botóns de acceso directo que se atopan no lateral, unha nova ligazón, neste caso á aplicación TRADUCÍNDOTE, que permite traducir ó galego calquera documento ( odt, doc...) mantendo o seu formato (negritas, suliñados...)

O proxecto traducíndote (licencia GPL) está a baseado na ferramenta  Opentrad-Apertium (licencia GPL) e atópase albergado na web do I.E.S Chan do Monte.

http://www.ieschandomonte.edu.es/traducindote/

 

Letras Galegas 2009: Información sobre o autor e U.D.

Dispoñible información e proposta de Unidades Didácticas plantexadas polo Seminario Galán, e material remitido pola Consellería (carteis e guías didácticas) no Blog de Normalización.

Acceso ó blog de Normalización

Revista escolar " O cervo"

Lembrade que está rematando o prazo para entregar os traballos para a revista escolar.Coa fin de que se poida organizar con tempo,entregádeos á coodinadora do ENLD na segunda semana de maio.Podedes entregar varios traballos para logo ter material para seleccionar.

A plantilla para realizar os traballos pódela descargar no Blog de Normalización.

Saída cultural a Allariz

 

    O 16 de xuño os alumnos e titores de 3º, 4º, 5º e 6º realizaremos unha saída cultural a Allariz onde visitaremos o Muíño do Burato, e os museos de " xoguetes tradicionais", o "do liño" e o "do coiro". Tamén visitaremos o mosteiro da Virxe das Rocas en Esgos e outros lugares.

Distribuir contido