Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2018/2019) CURTAMERAXES para educar na igualdade

 

O pasado día 2 de maio aistimos no centro a un visionado de curtametraxes que a asoción ASISTOGAL, nos facilitou para proxectarlle ao alumnado.

Estas curtas mostran e dan lugar a debate sobre diversas problemáticas da muller ao longo da Historia: emprego,voto, violencia de xénero,corresponsabilidade etc...

 

 A través das curtas tratamos de concienciar aos máis pequenos...

E, cos maiores, empezamos a debatir....

 

( 2018/2019 ) ESCOLA DE FAMILIAS: COEDUCANDO

Así estaba a nosa biblioteca a punto de comezar unha nova sesión da Escola de Familias. Esta vez o tema era moi interesante, de aí que houbera tanta afluencia de mamás...

A COEDUCACIÓN: Colaboración familia-escola

Interactuamos nais e mestres. Conversamos, debatimos, propuxemos, solicitamos...Todo para conseguir un bo entendemento.

 MOITAS GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR !!!!

( 2018-2019) Celebramos a Semana do libro"

A semana do 23 ao 26 de abril celebramos no colexio a " SEMANA DO LIBRO " con distintas actividades...

O martes 23: " PROFES POETAS"

 

O mércores 24: " FOTOS AÉREAS"

 

 

 

 

 

 

O xoves 25: " LIBRO FAVORITO", e lectura dos carteis que lle puxemos ás plantas aromáticas e medicinais...

Cada neno/a elexiu o seu libro favorito. Logo fixeron un pequeno resumen para saber de que iba, e finalmente pegáronno nun cartel na entrada do cole...

 Ademais, cada curso leunos a ficha que elaboraron co nome de cada planta (o nome científico, o nome vulgar, e o nome en inglés)e os seus usos e propiedades.

 

 

E o VENRES 26:" NENOS/AS POETAS"

 

O recital poético de infantil: XAN , de Rosalía De Castro

O recital de 2º...Cantarolas e Poemas do sol e da lúa...

O recital de 3º e 4º: Verdedades ( Yolanda Castaño)

 

 Os alumnos/as de 5º cantaron un poema de Rosalía que soaba moi moi ben, do libro de poemas: En las orillas del SAR.

 

 

E, para rematar, os de 6º interpretaron un poema anónimo

 

 

 

O NOSO XARDÍN AROMÁTICO E MEDICIÑAL

Continuando co proxecto da biblio: " SEMENTANDO AROMAS" damos un pasiño máis e creamos entre todos/as un xardín vertical con plantas aromáticas e mediciñais.

Bueno, temos que engadir que Eva( mamá de Iván) nos axudou un pouco na búsqueda das plantas, e despois a plantalas... e o Concello nos facilitou os palets.

 

Aí o tendes...Non vos parece chulísimo?????

Menta poleo, herba luisa, romero, perexil, lavanda, rosas, albahaca, incienso...

(2018/2019) De visita ao Concello....

 O Concelo invitounos á inauguración duns paneis fotográficos que fan referencia á igualdade de xénero, e onde a protagonista era unha boneca de sobra coñecida por todos/as nós...A Barbie!!!

Aquí temos a Sara explicando, moi ben por certo, por que a igual traballo non se recibe igual salario...

(2018/2019) Plantando carballos...

O día 21 de marzo celebramos o Día Internacional dos Bosques. Desprazámonos ata a Chanciña onde nos estaban agardando os membros da Brigada forestal e coa axuda que nos ofreceu o Concello,  entre todos/as fomos quen de facer unha plantación de carballos ...

Mirade esas cariñas de expectación!!!!

 

Bueeeeeno, tamén había que regar algo...

 

Houbo a quen lle costou agarrar da mangueira....

 

 

Agora iremos de vez en cando a visitar a nosa plantación, e de paso, miraremos como medran os nosos carballiños...

2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR

 

Dentro das actividades programadas dentro PLAN DIRECTOR, e despois da sesesión que nos ofreceron cos pais/nais, agora a Garda Civil visita ao alumnado do cole para ofrecernos información e formación sobre a violencia de xénero e o acoso escolar.

 

Resolvéronnos moitas dúbidas...

 E,  a partir de aquí, xa sabemos un pouco máis desta temática que, por desgracia está tan a orde do día...

Neste senso, educar no respecto á diversidade forma parte da formación integral do noso alumnado. Ligado todo a valores como a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.

(2018/2019) Escola de Familias: Charla sobre violencia de xénero e acoso escolar

 

 

O pasado 26 de abril , e dentro do Plan Director, acudiron ao centro dous membros da Garda civil encargados da charla para  Escola de Familias sobre violencia de xénero e acoso escolar.

 

MOITAS GRAZAS AOS PAIS/NAIS QUE PARTICPARON !!!!!

2018-2019 A farmacéutica de Campo Lameiro fálanos das plantas aromáticas e mediciñais

Dentro do proxecto da biblioteca sobre plantas aromáticas e mediciñais, tivemos unha visita que nos aclarou moitas dúbidas, e que nos sorprendeu gratamente...

 

Clara e  Clara explicáronnos os usos, as propiedades, os distintos nomes que teñen...

Ata resolveron algunha que outra preguntiña que tiñamos por aí...

E, despois a tocar, a ulir, a observar....

 

 

A menta tivo moito éxito!!!!  E resultaba un olor claramente recoñecible....

 

O romeu tamén tivo o seu momento de gloria, e sabíades que se pode facer alcol de romero??? Pois sí!!!  Boísimo para a caída do pelo, para os músculos, para as varices..

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!!!

2018-2019 MAMÁS LECTORAS

 

O día 8 de marzo dúas mamás traballadoras, lectoras e moi moi colaboradoras, acercáronse ao cole para lerlle aos rapaces...

Aquí tendes a Olga, mamá de Alberto e Joaquín...

Os pequenos non perdían detalle....

Aquí está Isabel mamá de Nahuel e Ariadna...

Despois das lecturas fixemos todos/as unhas reflexións ...sobre a igualdade, a discriminación, a inclusión...

 

Moitas grazas por participar connosco!!!!!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.